Taboleiro de anuncios

ANUNCIO CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO DÍA 26/6/2017 ÁS 12 HORAS

Anuncio da convocatoria

RELACIÓN DOS INCLUIDOS NA BOLSA DE EMPREGO PARA O POSTO DE AUXILIAR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE BÓVEDA

Ler máis...

ACORDO DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE BOVEDA DETERMINANDO A ADICACIÓN EXCLUSIVA DO ALCALDE E IMPORTE DAS RETRIBUCIÓNS

  Ler máis...

BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO O DÍA VINTE E DOUS DE XUÑO DE DOUS MIL QUINCE (22/06/2015)

Ler máis...

EDICTO DESIGNACIÓN MEMBROS XUNTA DE GOBERNO, TTES DE ALCALDE E DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA

Ler máis...

BOLSA DE EMPREGO CON VIXENCIA PERMANENTE PARA A OCUPACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

RESULTADOS BOLSA EMPREGO SAF

SOLICITUDE PARA FORMAR PARTE DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BÓVEDA

MODELO DE SOLICITUDE BOLSA DE EMPREGO SAF

BASES XERAIS DA BOLSA DE TRABALLO PARA CUBRIR PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BÓVEDA

PRIMEIRA.- OBXECTO

É obxecto desta convocatoria a constitución dunha bolsa de traballo destinada a selección temporal de persoal de axuda no fogar. Utilizarase o sistema de concurso cunha valoración de méritos e a realización dunha entrevista persoal con cada aspirante.

Este persoal encargarase de realizar as labores propias do Servizo Municipal de Axuda no fogar durante as vacantes, ausencias, vacacións, baixas..., do persoal municipal do Servizo de axuda no fogar ou para cubrir novas contratacións temporais que se poidan necesitar para o servizo.

O Servizo Municipal de Axuda no Fogar préstase nos domicilios dos usuarios distribuídos por todo o territorio municipal, polo que será imprescindible que o persoal conte con medios propios para desprazarse.

A bolsa de traballo de auxiliares de axuda a domicilio rexerase polas normas de funcionamento que figuran no Anexo II.

 

SEGUNDO. VIXENCIA

   A súa vixencia finalizará o 31 de decembro de 2015, prorrogándose automáticamente por sucesivos períodos dun ano de non mediar acordos de modificación.

            Unha vez conformado o listado inicial, este terá carácter aberto e permanente, o que significa que en calquera momento, toda persoa que cumpra os requisitos establecidos nestas bases, poderá solicitar a incorporación ao mesmo, ou se xa formase parte del, poderá achegar novos méritos para mellorar a súa puntuación, respetando os períodos de actualización establecidos na norma Cuarta das normas de funcionamento (Anexo II das presentes Bases)

 

TERCEIRA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

1.- Requisitos xerais

Poderán participar na presente convocatoria os/as participantes que reúnan os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou ter a nacionalidade dun pais membro da Union Europea, ou de calquera daqueles estados aos que, en virtude de Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se teña definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non pasar da idade prevista para a xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do sevizo de Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais, nen estar inhabilitado nin suspenso, para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

2.-Requisitos específicos do posto de traballo

a) Estar en posesión do permiso de conducir en vigor clase B e dispoñibilidade de coche e/o dispor de medios propios para desprazarse.

b) A partir do 31 de decembro 2015: Posuír a titulación esixida. Neste caso, estar en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro, polo que se establece o Título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade. Deberá acreditarse mediante o correspondente diploma ou certificación da entidade competente. No suposto de estar en posesión dunha titulación equivalente, xuntarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes ou documentación acreditativa da dita equivalencia.

3.- Todos os requisitos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e gozar dos mesmos durante todo o proceso selectivo e durante a vixencia da bolsa de traballo. As persoas que a partir do 31 de decembro de 2015 non estean en posesión da titulación esixida quedarán excluídas da bolsa.

 

CUARTA. SOLICITUDES, ALEGACIÓNS E ACREDITACIÓN DE MÉRITOS

1.-As solicitudes para participar no proceso de constitución inicial da bolsa axustaranse ó modelo que figura no Anexo I destas bases, e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación Boletín Oficial da Provincia.

A publicación das presentes bases realizarase tamén a través do Taboleiro de Anuncios do Concello e bandos municipais e na páxina web do Concello de Bóveda (http://www.boveda.gob.es/index.php/gl/) . As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Conforme a este precepto se as solicitudes se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer seladas e datadas polo funcionario de correos.

2.-Á instancia unirase inexcusablemente:

a).-Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.

b).-Fotocopia compulsada de todo os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

3.-Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser subsanados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

4.-Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcurrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

 

QUINTA. ADMISIÓN DE ASPIRANTES

1.-Rematado o prazo de presentación de instancias o Alcalde do Concello ou Concelleiro en quen delegue dictará resolución aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.

2.-Os aspirantes excluídos, así como os omitidos na relación de admitidos ou excluídos disporán dun prazo de 2 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios do Concello, para subsana-los defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da relación de admitidos e excluídos. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a relación de admitidos elevarase a definitiva.

3.-Contra a resolución a que se refire o punto 1, así como contra aqueloutras que resolvan a subsanación de defectos ou omisión de inclusión a que se refire o punto 2 poderán interpoñerse os recursos a que haxa lugar en Dereito.

4.-Na mesma resolución o Alcalde ou Concelleiro en quen delegue determinará o lugar, hora e data de realización da entrevista, que se publicará igualmente no Taboleiro de Anuncios do Concello.

 

SEXTA. TRIBUNAL CUALIFICADOR

1.-O Tribunal Cualificador estará composto polos seguintes membros titulares:

- Presidente: Dª Begoña Sánchez Roura.

- Suplente: Dª Raquel Armesto Ratón

- Vogal: Dª Nuria Varela Sanmartín.

- Suplente: Dª  Ana María González Fernández

- Secretario: D Luis Eduardo Matías Sánchez

- Suplente: Dª Maria del Carmen González Fernández

 

2.-Os membros do Tribunal estarán suxeitos ós supostos de abstención e recusación previstos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992 citada.

3.-O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

4.-O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas Bases.

5.-Todo os membros do Tribunal que asistan ás probas percibirán as asignacións que lles correspondan segundo a súa categoría de conformidade co artigo 30.1 do Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio e lexislación complementaria.

6.-A Alcaldía resolverá de acordo coa proposta do Tribunal, que terá carácter vinculante.

 

SÉPTIMA.-PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

1.-O sistema de selección terá as seguintes fases:

A) VALORACIÓN DE MÉRITOS:

O Tribunal non poderá avaliar o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presenta-las solicitudes ás probas selectivas.

Toda a documentación que se achegue deberá presentarse compulsada ou en orixinal para a súa compulsa polo Rexistro.

No concurso avaliaranse os seguintes méritos:

1.- Experiencia profesional.

A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos.

. Por servizos prestados en postos de Auxiliar de Axuda no fogar na Admón Pública por xornada completa: 0,15 puntos por mes ata un máximo de 9 puntos.

. Por servizos prestados en postos de Auxiliar de Axuda no fogar na empresa privada, por xornada completa: 0,10 puntos por mes ata un máximo de 6 puntos.

. Por servizos prestados en postos similares: 0,05 puntos por mes ata un máximo de 3 puntos.

Nos periodos inferiores a un mes computarase a parte proporcional, considerándose, a estes efectos, os meses de trinta días. Por contratos de diferente xornada farase o prorrateo correspondente.

Poderá acreditarase mediante o contrato de traballo ou mediante certificación de servizos prestados expedidos polo Organismo ou Entidade correspondente, que permita avalia-los servizos prestados, en ambos casos xunto co informe de vida laboral.

2.-Formación.

A puntuación máxima neste apartado será de 9 puntos.

2.1.-Cursos específicos de auxiliar de axuda no fogar:

· De ata 250 horas ...................................... 0,25 puntos.

· De 251 a 450 horas ....................................... 1 punto.

· Máis de 450 horas ......................................... 2 puntos.

2.2.-Outros cursos relacionados coas tarefas a desenvolver e ou ámbito de traballo:

· De ata 250 horas ...................................... 0,15 puntos.

· De 251 a 450 horas ....................................... 0,5 punto.

· Máis de 450 horas ......................................... 1 punto.

Acreditaranse mediante diplomas ou certificacións expedidas polas Entidades Organizadoras.

 

B) ENTREVISTA

A puntuación máxima neste apartado será de 3 puntos.

Realización dunha entrevista que versará sobre o traballo a desenvolver (tarefas e funcións dunha auxiliar de axuda no fogar), e a normativa municipal e autonómica de Servizo de Axuda a domicilio.

NOVENA.-CUALIFICACIÓN

O resultado final do concurso virá determinado pola suma das puntuacións obtidas na valoración de méritos e na entrevista, de xeito que a suma determinará a orde final de puntuación.

A puntuación máxima outorgada será de 30 puntos.

No caso de empate, a orde establecerase atendendo ás mellores puntuacións obtidas na valoración de méritos, de seguir o empate atenderase a persoa que acredite maior puntuación no apartado de experiencia profesional. De persistir o empate atenderase a maior puntuación obtida no apartado cursos relacionados co posto de traballo a desenvolver.

 

DÉCIMA.-RELACIÓN DE ADMITIDOS/AS E PROPOSTA DE DESIGNACIÓN

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o Tribunal Cualificador formulará as propostas dos candidatos/as que considere que reúnen as condicións para formar parte da citada Bolsa. A relación de persoas que formarán parte da Bolsa de Traballo estarán ordeadas de modo descendente de maior a menor puntuación segundo os criterios expostos.

 

UNDÉCIMA.-PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.

1.-Os/as candidatos/as, cando sexan chamados/as para un posto de traballo temporal, disporán dun prazo de 3 días naturais para presentar no Concello de Bóveda, os seguintes documentos:

a.-Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade.

b.-Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes

c.-Os aspirantes que fixeron valer a súa condición de persoas con minusvalía, deberán acreditar tal condición e así mesmo a súa compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza, mediante certificación expedida polo Organismo competente na materia.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, enténdese que renuncia ao posto e relegarase ao último lugar da Bolsa.

3.- Cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para participar no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.

4.- Nestes dous últimos casos, a proposta considerase feita a favor do seguinte aspirante da lista, segundo a orde de puntuación obtida.

 

DUODÉCIMA.-DESIGNACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

1.-Presentada a documentación pola persoa interesada, e sendo a mesma conforme, o Sr. Alcalde procederá ao seu nomeamento e á formalización do correspondente contrato laboral, que no seu caso pode ser prorrogado por necesidades do servizo.

2.-Establécese un período de proba de 15 días, conforme ao artigo 14 do Estatuto de Traballadores. Transcorrido este periodo se a persoa da que se trate o superase satisfatoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato suscrito.

3.-Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ao posto de traballo, o/a aspirante que forma parte da Bolsa de Emprego non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.-Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

 

DÉCIMO TERCEIRA.-Incidencias

1.-A presente convocatoria, as súas bases e tódolos actos administrativos que dela deriven, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2.-Para o non previsto nestas Bases, será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril e o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL.

Estas bases xerais entrarán en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

 

ANEXO I

 

ILMO. CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)

REXISTRO XERAL

DATA:

Nº, ENTRADA:

SOLICITUDE PARA FORMAR PARTE DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BÓVEDA

 

D./Dª. ..............................................................................................................................., maior de idade, con DNI ......................................... e con domicilio a efectos de notificacións en ............................................................................................... e número de teléfono ...........................

EXPON:

Que a vista da convocatoria para a constitución dunha Bolsa de Emprego na categoría de Auxiliar de axuda no fogar.

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

1.- Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas presentes bases para poder participar na proba selectiva.

2.- Que posúo a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo.

3.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

4.- Non estar incurso/a nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

5.- Estar en posesión do permiso de conducir en vigor clase B e dispoñibilidade de coche e/o dispor de medios propios para desprazarme.

SOLICITA:

Tendo por presentada a presente solicitude dentro do prazo concedido ao efecto e ser admitido para tomar parte nas probas selectivas para o acceso á Bolsa de Emprego de Auxiliar de axuda no fogar.

Á presente solicitude acompáñase unha fotocopia do DNI, pasaporte ou documento equivalente e dos documentos que acreditan o cumprimento dos requisitos e dos méritos profesionais e académicos requiridos.

En ........................., a ....... de ........................................ de 20.....

 

Asdo.: .....................................................

 

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BÓVEDA

ANEXO II

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BÓVEDA

 

Primeira.- Esta Bolsa de Traballo xurde para cubrir a necesidade temporal de auxiliares de axuda no fogar durante as vacantes, ausencias, vacacións, baixas..., do persoal municipal do Servizo de axuda no fogar ou para cubrir novas contratacións temporais que se poidan necesitar para o servizo.

Atendendo as necesidades do servizo, a Traballadora Social emitirá un informe/proposta conformada polo Alcalde ou concelleiro delegado, acudíndose á relación de persoas candidatas que integran esta Bolsa de Traballo para cubrir estas vacantes

O contrato dos/as auxiliares será en función das necesidades do servizo.

A xornada e horario do contrato dos/as auxiliares de axuda no fogar estarán vinculados ás necesidades do servizo.

Segunda.-Toda persoa que cumpra os requisitos establecidos nas bases de convocatoria da Bolsa de Emprego poderá solicitar a incorporación a mesma, ou se xa formase parte dela, poderá achegar novos méritos para mellorar a súa puntuación.

Terceira.-Para proceder a actualización de méritos e novas admisións se establecen dous períodos de actualización ao ano e a creación dunha comisión de actualización, conformada polos membros designados por Resolución de Alcaldía con anterioridade ao comezo de cada período de actualización da Bolsa de emprego, que terá as mesmas funcións que o tribunal elexido para a confección inicial da mesma, específicamente:

-Valoración de méritos de novos/as aspirantes que solicitaran formar parte da bolsa con data máxima a do día anterior a de inicio de cada período de actualización, e realización da entrevista

-Valoración de méritos dos/as membros da bolsa que actualizaran os mesmos con data máxima a do día anterior a de inicio de cada convocatoria de actualización, tendo en conta que non será preciso que realicen nova entrevista, manténdoselle a nota obtida na solicitude inicial.

-Realizar seguemento do funcionamento da Bolsa, resolver as incidencias que poideran xurdir e facer propostas de mellora.

Cuarta.-Períodos de actualización da Bolsa de emprego

A comisión de actualización convocarase dúas  veces ao ano, establecéndose dous períodos de actualización da Bolsa nas datas seguintes:

  • 1.ªconvocatoria: do 1 ao 15 de maio

  • 2.ªconvocatoria: do 1 ao 15 de novembro

Quinta.- Os/as integrantes da Bolsa de Traballo están obrigados/as a sinalar os seus datos persoais actualizados que faciliten a rápida localización, incluíndo a telefónica, sendo os únicos responsables da fidelidade dos mesmos.

Sexta.- Os/as aspirantes aos que se lles oferten traballos temporais deberán manifestar a súa opción, incluso verbalmente, no prazo de 1 día natural desde a comunicación. Para iso chamaráselle telefónicamente aos número/s que achegaron xunto coa instancia, facendo dous intentos cun intervalo dunha hora, se non contestan procederase a chamar á seguinte persoa integrante da lista.

Se un familiar ou persona distinta a/ao aspirante fose o que contestase á oferta formulada telefónicamente, entenderase que será o responsable de comunicarlla a/ao seleccionado/a.

Séptima.-

  1.- Se o/a interesado/a non manifesta a súa conformidade co nomeamento no prazo de 1 día natural, entenderase que renuncia ao mesmo, e se lle postergará ao último posto da bolsa de traballo, ata o seguinte período de actualización, a menos que concorran algunha das seguintes circunstancias, oportunamente xustificadas:

a) Período de embarazo, de maternidade ou paternidade, de adopción e de acollemento permanente ou preadoptivo, incluíndo o período no que sea procedente a concesión de excedencia para o coidado de fillos, para calquera dos supostos anteriores.

b) Encontrarse prestando servizos noutra entidade, sexa Administración Pública ou empresa privada, para o cal deberá achegar xustificante no prazo de 3 días naturais a contar desde a comunicación da oferta. Durante o periodo de duración do dito contrato, o aspirante renuncia a calquera oferta que puidera xurdir desde o Concello de Bóveda, eximindo a éste de realizar a oferta telefónica.

Esta circunstancia finalizará, en todo caso, á data de finalización do contrato ou nomeamento que figure na documentación xustificativa. No caso de que esta non existise, o interesado deberá achegar xustificante de finalización de contrato ou do nomeamento no prazo de tres días hábiles desde a data de cese.

c) Encontrarse en situación de enfermidade que impida o desempeño do posto de traballo, debendo xustificarse mediante xustificante médico de ausencia do traballo ou parte de baixa, no prazo de 3 días hábiles. Asi mesmo, o/a interesado/a deberá achegar no prazo de 3 días hábiles, o xustificante de alta médica.

Durante o período de enfermidade ou baixa, o/a aspirante renuncia a calquera oferta que puidera xurdir desde o Concello de Bóveda, eximindo a éste de realizar a oferta telefónica.

2.- O incumprimento dos requisitos e prazos previstos nos apartados b) e c) implica a aplicación do sistema de penalizacións.

3.- Poderán estudiarse outros casos de forza maior debidamente acreditados, non previstos nos apartados anteriores, ao obxecto de non aplicar o sistema de penalizacións.

Oitava.- Os/as aspirantes seleccionados/as manteranse na mesma orde durante o proceso de vixencia desta Bolsa, de forma que ao finalizar cada unha das correspondentes contratacións ou nomeamentos, seguirá no mesmo orde de chamada para novos contratos ou nomeamentos, ata o seguinte periodo de actualización.

Cando sexan chamados/as achegarán, segundo as bases de convocatoria da Bolsa, os documentos orixinais acreditativos segundo as condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Novena.- Penalizacións. Cando unha persoa aspirante renuncia á oferta dun contrato, sen causa xustificada, será penalizada por 3 meses de exclusión da Bolsa por cada oferta rexeitada, ata a terceira vez que será excluido/a durante un ano da Bolsa, salvo nos supostos incluidos na norma séptima. 

Décima.- No suposto de que na Bolsa de Traballo non existan aspirantes dispoñibles temporalmente ou se se esgota a Bolsa, e se prevé a necesidade de cobertura de vacantes, poderá confeccionarse un listado adicional a partir das solicitudes rexistradas e non seleccionadas ás que se pode facer extensiva a oferta de traballo ou poderase realizar unha convocatoria pública para constituír unha nova Bolsa.

Undécima.- As persoas integrantes desta Bolsa de traballo temporal están obrigadas a manter actualizados os méritos relacionados con este posto de traballo.

Duodécima: As persoas integrantes de esta Bolsa están obrigadas a manter e gardar o deber de confidencialidade. No caso de entender por parte desta administración que se incumpre este deber, será motivo de exclusión definitiva de esta Bolsa.

Décima terceira: Todas as persoas integrantes da bolsa deben de coñecer e se comprometen a aceptar o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar deste concello.

 

Bóveda, de 17 de novembro de 2015

O alcalde-Presidente,

 

José Manuel Arias López

 

emprende en 3