ORDENANZA FISCAL Nº 23 DO PREZO PÚBLICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE BÓVEDA

 

CAPÍTULO I

DAS TARIFAS

Artigo 1.-Concepto.

De conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 41 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Bóveda establece o prezo público pola prestación do Servizo de Atención á Infancia.

 

Artigo 2.- Obrigados ó pago.

Están obrigados ó pagamento das cantidades que se establecen como prezo na presente regulación os pais/nais dos nenos/as en situación de alta no P.A.I. e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen corresponda o exercicio da patria postestade.

 

Artigo 3.-Tarifas

1.- Tarifas.

As tarifas elabóranse partindo do cálculo do custe real de funcionamento do P.A.I., que se actualizará anualmente por Secretaría-Intervención cos datos obrantes na contabilidade municipal; a partires do custe real, o Concello, tendo en conta a achega pública, determinará as tarifas a satisfacer polos usuarios.

A contía do custe real de funcionamento do P.A.I. e do prezo público así aprobado publicarase anualmente na páxina web do Concello e no B.O.P. de Lugo, como ANEXO I desta Ordenanza.

 

Artigo 4.- Pagamento

a). O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo 5 da presente regulación, realizarase mensualmente nos dez primeiros días do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó dito mes ingresarase nos dez días seguintes á data de ingreso. Ademais, no caso de que o ingreso se produza con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50%. b). No caso de utilización doutros servizos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

c). Salvo o disposto no artigo 5 da presente regulación, a falta de asistencia da nena/o non supón a redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

d). O pago realizarase por domiciliación bancaria que autorizará o solicitante do servizo ó formalizar a matrícula.

A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternativas orixinará a perda do dereito á praza.

 

Artigo 5.- Suspensión da cota

Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo 2º non terán a obriga de aboar a cota durante os seguintes períodos:

a). O mes de vacacións anual da nena/o.

b). Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.

c). Cando, por causa debidamente xustificada, a nena/o deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboar a cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación da nena/o a centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o Concello que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

No caso de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, naqueles supostos nos que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

 

Artigo 6.-Normas de xestión.

1.-Causarase baixa no centro por algunha das circunstancias seguintes:

a) Por cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A instancia dos pais/nais ou representantes legais.

c) Por non paga-la cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o ano ó que se refire a débeda.

 

Artigo 7.-Obriga de pago.

A obriga de pago do prezo público regulado na presente Ordenanza nace desde que se inicia a prestación do servizo.

CAPÍTULO II

BOLSAS ÓS/ÁS USUARIOS/AS DO PAI

Artigo 8.- Obxecto

Este capítulo ten por obxecto establecer e regular o procedemento de concesión de axudas destinadas a sufragar os gastos daqueles menores, que acudan ó Punto de Atención á Infancia.

O obxectivo xeral da concesión de bolsas é favorecer a conciliación da vida laboral e familiar mediante convocatoria pública de axudas para o pago de gastos ocasionados pola asistencia continuada ó Punto de Atención a Infancia do Concello de Bóveda, para nenos/as de 3 meses a 3 anos.

A Xunta de Goberno poderá conceder, dentro das consignacións orzamentarias, un máximo de vinte bolsas completas, incluíndo a concesión de medias bolsas, equivalentes ó 50 por cento dá cota.

 

Artigo 9.- Requisitos dos beneficiarios/as

Serán requisitos indispensables para poder recibir estas axudas:

- Que toda a unidade familiar esté empadroada no Municipio de Bóveda durante todo o curso escolar de referencia.

- Obter praza no Punto de Atención á Infancia, e cumprir os requisitos imprescindibles da devandita convocatoria.

- Que o solicitante se atope ó corrente do pagamento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Así como non ser debedor da Facenda Municipal.

- Non estar inhabilitados polo Concello nin por calquera outra Administración Pública para acceder a novas convocatorias de subvencións.

- Non estar en trámite de resolución de ningún expediente de inhabilitación para acceder a estas axudas.

 

Artigo 10.- Criterios de outorgamento da bolsa

Os criterios de outorgamento das bolsas serán os seguintes:

1.- Renda per cápita anual.

2.- Situación familiar:

- Un ou máis irmáns no PAI.

- Estar en posesión do Título de Familia Numerosa en vigor.

- Que algún membro da unidade familiar posúa a cualificación de minusválido ou situación asimilada, recollida polo Real Decreto 1414/2006,do 1 de decembro.

A renda per cápita da unidade familiar será o resultado de dividir os ingresos dos membros que conformen a unidade familiar polo número total destes. Para elo teranse en conta as rendas reflectidas nos Certificados expedidos pola Axencia Tributaria do exercicio correspondente.

Entenderase por unidade familiar do menor: “o pai, a nai, ou titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, no seu caso, os irmáns solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar, ós maiores de idade cando se trate de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que dependan económicamente deles. No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará membro computable aquel deles que na data referida non convivira co solicitante, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica. Terá, non en tanto, a consideración do membro computable no seu caso, o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, cuxa renda se incluirá dentro do cómputo da renda familiar”.

 

Artigo 11 .- Sistema e solicitude e documentación

A solicitude formalizarase en modelo oficial. As devanditas instancias estarán a disposición dos interesados no Servizo de Información do Concello de Bóveda, e na páxina web do mesmo www.concellodeboveda.com

Coa solicitude, os peticionarios deberán achegar fotocopia cotexada co orixinal da seguinte documentación:

1.- Documentación de ingresos.

Os solicitantes deberán documentar os ingresos totais da unidade familiar do ano esixido na convocatoria , para o que se achegará a seguinte documentación:

a) Certificado da Axencia Tributaria relativo á Declaración da Renda, de cada membro da unidade familiar maior de 16 anos.

b) No caso de non presentar declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas por non estar obrigado a iso, Certificado da Axencia Tributaria de tal extremo.

c) Outra documentación que acredite os ingresos económicos

2.-Situación familiar.

a) Fotocopia compulsada do Libro de Familia con todos os seus compoñentes ou, na súa falta, documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, e certificado de convivencia.

No caso de acollida de menores, fotocopia compulsada da Resolución do órgano competente en materia de acollementos.

b) No caso de separación ou divorcio achegarase a sentenza xudicial acompañada do correspondente Convenio Regulador. No caso de que aínda non exista sentenza por estar en trámite o procedemento, achegarase un certificado acreditativo da demanda de separación/divorcio selada polo Xulgado.

 

Artigo 12.- Prazos e lugares de presentación das solicitudes.

As solicitudes debidamente cumprimentadas, xunto coa documentación especificada nestas Bases, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bóveda, ou por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A convocatoria e as bases polas que se rexerá faranse públicas tamén a través do Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do mesmo, sen prexuízo da publicación/difusión nos medios de comunicación locais.

Artigo 13.- Órgano instrutor.

O órgano instrutor para a proposta de concesión destas axudas será os Servizos Sociais do Concello de Bóveda, baixo a dirección do/a Delegado/a de Servizos Sociais.

Artigo 14.- Procedemento na concesión das axudas.

A proposta de adxudicación definitiva, emitida pola Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, que conterá a relación de solicitantes para ós que se propón a concesión da subvención, e a súa contía, especificando a súa avaliación e os criterios de valoración seguidos para efectuala, aprobarase pola Xunta de Goberno Local. A adxudicación definitiva publicarase no Taboleiro de Editos do Concello de Bóveda e na páxina web do mesmo. Na mesma detallaranse os beneficiarios e contías das axudas, así como as solicitudes denegadas e a súa causa

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de adxudicación será de 2 meses a partir da publicación da convocatoria anual. Transcorrido devandito prazo, sen que o acordo fora notificado, o interesado/a deberá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Contra a resolución que finalice o procedemento poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local, nos termos e condicións reguladas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou no seu caso, directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

 

Artigo 15.- Contía e abono das axudas.

O importe mensual da axuda dependerá dos criterios establecidos nesta normativa, tendo en conta a situación socioeconómica da unidade familiar, así como o crédito máximo orzamentario dispoñible, que será determinado anualmente nas Bases de Execución dos Orzamentos anuais e que se imputará na correspondente partida presupostaria e coa denominación “Bolsas cotas P.A.I.”.

 

Importe das Bolsas:

Renda per cápita anual,

Importe da Bolsa

Entre 250% e 200 %

10% da tarifa C2

 

Entre 200% e 150 %

20% da tarifa C2

Entre 150% e 100 %

30% da tarifa C2

Entre o S.M.I. e o 50% do S.M.I.

40% da tarifa C2

Menos do 50 % do S.M.I.

50 % da tarifa C2

 

En ningún caso o importe mensual da axuda poderá superar ó correspondente á cota mensual que por calquer concepto teña establecido o P.A.I..

No caso de percibir axudas doutras institucións públicas e/ou privadas (inclúense as establecidas nos Convenios Laborais) deberán acreditar a contía mensual do cobro. A contía conxunta de todas as subvencións percibidas, pola unidade familiar, non poderá superar de ningún modo a cota total establecida cada ano na Ordenanza Municipal correspondente, que regula as tarifas do P.A.I..

Só en casos moi excepcionais e cos informes favorables necesarios dos Servizos Sociais do Concello e/ou doutras institucións públicas, podarase conceder ata o 100 % do referido custo. A tal fin os Servizos Sociais poderán solicitar ao interesado os datos non obrantes nas oficinas municipais, que sexan precisos para fundamentar o informe.

Artigo 16.-Pago e xustificación das axudas económicas.

A axuda concedida descontarase da cota mensual que deban satisfacer os beneficiarios/as.

Os Servizos Sociais examinarán a documentación aportada polos beneficiarios/as e a obrante no Concello, e emitirá informe ó que unirá á proposta de pago se a xustificación se considera correcta.

 

Artigo 17.- Obrigas dos beneficiario/as.

1.- Os beneficiarios/as destas axudas virán obrigados/as a comunicarlle ó Concello de Bóveda a obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo fin procedentes de calquera Administración, Entidade Pública ou Privada. A omisión desta comunicación suporá automaticamente a anulación da bolsa e considerarase falta grave ós efectos que sinalan as disposicións legais vixentes.

2.- Notificar ó Concello de Bóveda, Servizos Sociais, a baixa do neno no Punto de Atención á Infancia no prazo máximo de 20 días.

3.- Non ser debedor do Concello de Bóveda, e estar ó corrente de pago das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

 

Artigo 18.-Réxime de control aplicado ás axudas.

Poderán ser revogadas as axudas, cando o beneficiario/a incorra nalgunha das condutas contempladas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A alteración das condicións tidas en conta para a concesión, e no seu caso a obtención concorrente de subvencións concedidas por calquera Entidade Pública ou Privada, nacional e internacional para o mesmo fin, poderá dar lugar revogación da axuda outorgada.

En defecto de reintegro voluntario dentro do prazo indicado no artigo anterior, esixirase o seu pago por vía de constrinximento, dacordo co establecido no vixente Regulamento Xeral de Recadación aprobado polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo.

Os beneficiarios/as que obteñan estas axudas municipais, deberán informar de outros beneficios e/ou axudas para a mesma finalidade procedentes doutras Entidades Públicas ou Privadas. No caso de que solicitasen previamente este tipo de axudas a outras Administracións ou Entidades Públicas ou Privadas, deberán comunicalo no momento de presentar a solicitude. Unha vez lle sexa comunicada a correspondente resolución, deberán presentar orixinal ou fotocopia compulsada do referido documento no Rexistro Xeral do Concello de Bóveda. A omisión desta comunicación suporá automaticamente a anulación da axuda concedida por este Concello, e o interesado/a perderá o dereito a solicitala novamente nos dous anos inmediatamente posteriores.

 

Artigo 19.- Perda da condición de beneficiario da bolsa.

Serán causas da perda da condición de beneficiario da bolsa, as seguintes:

1.- Que os beneficiarios (pais, nais ou titores legais) ou o menor, deixen de estar empadroados no municipio de Bóveda, durante o período de cobertura da bolsa.

2.- A baixa do menor no P.A.I., pola non asistencia á mesma durante 20 días, salvo xustificación presentada por escrito no Rexistro do Concello, e dirixida ós Servizos Sociais do Concello

3.- A falsidade da documentación achegada.

4.- Por incompatibilidade sobrevida da axuda.

5.- Por renuncia dos propios interesados presentada no Rexistro do Concello e

dirixida ós Servizos Sociais.

Disposición final.

A presente Ordenanza, composta de 19 artigos e unha Disposición final, entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da provincia o texto íntegro aprobado definitivamente, de conformidade co disposto nos artigos 47 do Real decreto Lexislativo 2/2004 59.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrivo Común, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte o da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I

CUSTES E TARIFAS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE BÓVEDA 2009

 

 

Custe real do Punto de Atención á Infancia

Custe/Usuar/hora

Custe/Usuario/mes

Custe/Usuar/ano

38 €

408 €

4.483 €

 

 

PREZO PÚBLICO DO P.A.I. E APORTACIÓN MUNICIPAL

TARIFAS

RENDA PER CAPITA

hora

mes

anual

C1

Superior a 250% S.M.I.

4,00 €

360,00 €

4.320,00 €

C2

Inferior a 250% S.M.I.

4,00 €

192,00 €

2.112,00 €

Aportación Municipal a C2

34,00 €

216,00 €

2.371,00 €

Media Xornada

C.1-a

Superior a 250% S.M.I.

4,00 €

180,00 €

2.100,00 €

C.2-b

Inferior a 250% S.M.I.

4,00 €

96,00 €

1.980,00 €

C.3

Exceso sobre hora contratada

13€/hora

C.4

Exceso sobre o horario de peche do centro

3,5€ cada dez minutos

 

A.1

Almorzo

14,50 €/mes

A.2

Almorzo extraordinario

2,00 €/dia

Non inclúe comedor, pero pódese levar a comida preparada

 

Anexo II

MODELO DE SOLICITUDE DE BOLSA PARA O P.A.I.

 

DATOS DOS PAIS OU TITOR LEGAL

APELIDOS PAI/TITOR

 

NOME

NIF

APELIDOS NAI/TITORA

 

NOME

NIF

ENDEREZO

 

LOCALIDADE

C.P.

 

Teléfonos de contacto:

 

 

DATOS DO NENO/A

APELIDOS

NOME

DATA DE NACEMENTO

 

 

HORARIOS E SERVIZOS CONCEDIDOS

HORARIO

XORNADA COMPLETA

MEDIA XORNADA

 

MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA

 

NOME E APELIDOS

NIF

DATA NACEMENTO

PARENTESCO

SITUACIÓN LABORAL

INGRESOS ANUAIS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS AXUDAS SOLCITADAS:

 

AXUDAS CONCEDIDAS:

 

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA:

Certificado da Axencia Tributaria ou fotocopia compulsada do orixinal da declaración da renda de cada membro da unidade familiar maior de 16 anos. ( No caso de non presentar declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas por non estar obrigado a iso, Certificado da Axencia Tributaria sobre tal extremo (Declaración negativa)

Certificado de prestacións do INEM ou organismo similar da Xunta.

Declaración xurada de atoparse ó corrente do pagamento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Así como non ser debedor da Facenda Municipal.

Documentación acreditativa da percepción doutras axudas polo mesmo concepto que a que se solicita.

En ______________ a _______ de ___________ do

 

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL: informámolo/a de que os datos persoais contidos nesta solicitude se integrarán nun ficheiro automático cuxo tratamento se realizará conforme a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e somentes empregaranse aos efectos de tramitar a concesión da bolsa.

 

emprende en 3