ORDENANZA FISCAL NÚM.: 1 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

ARTIGO 1º.NORMATIVA APLICABLE

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co establecido no artigo 15 en concordancia co artigo 59.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regula neste termo municipal o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 92 a 99 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

 

ARTIGO 2. NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE

1. O Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica é un Tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexan a súa clase e categoría.

2. Considérase vehículo apto para a circulación o que houber sido matriculado nos Rexistros públicos correspondentes e mentres non causase baixa nos mesmos . Aos efectos deste Imposto, tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.

3. Non están suxeitos ao Imposto:

Os vehículos que, sendo dados de baixa nos Rexistros por antigüidade do seu modelo, poidan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ás desta natureza.

 

ARTIGO 3º .SUXETO PASIVO. Son suxeitos pasivos deste Imposto as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a cuxo nome conste o vehículo no permiso de circulación.

 

ARTIGO 4º. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS-

1. Estarán exentos do imposto:

a) Os vehículos oficiais do Estado, Comunidades Autónomas e Entidades Locais adscritos a defensa nacional ou a seguiridade cidadán.

b) Os vehículos de representacións diplomáticas, oficinas consulares, Axentes Diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, e que sexan súbditos dos respectivos paises, externamente identificados e a condición de reciprocidade en extensión e grao.

Tamén os vehículos dos Organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estaturo diplomático.

c) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados a sistencia sanitaria, que pertezan a Cruz Bermella.

d) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida a que se refire a letra A de o Anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado por Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro. Trátase de vehículos cuxa tara non é superior a 350 kg e que, por construción, non poden alcanzar en chairo unha velocidade superior a 45 km/h, proxectados e construídos especialmente (e non meramente adaptados) para o uso de persoas con algunha disfunción ou incapacidade física.

Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo.

Esta exención aplicarase en tanto se manteñan ditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultaneamente.

A efectos do disposto neste parágrafo, consideraranse persoas con minusvalía quen teña esta condición legal en grao igual ou superior ao 33%.

e) Os autobuses urbáns adscritos o servicio de transporte público en réximen de concesión administrativa outorgada polo municipio da imposición.

f) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da Cartilla de Inspección Agrícola.

2. Para poder gozar das exencións a que se refiren as letras d) e f) do apartado 1 do presente artigo os interesados deberán instar a sua concesión indicando as características dos vehículo, a sua matrícula e causa do beneficio. Declarada ésta pola Administración municipal expediráse un documento que acredite a sua concesión.

Os interesados deberán acompañar á súa solicitude a seguinte documentación:

a) No suposto de vehículos matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo:

- Fotocopia compulsada do permiso de circulación.

- Fotocopia compulsada do Certificado de Características Técnicas do Vehículo.

- Fotocopia compulsada do carné de conducir (anverso e reverso).

- Fotocopia compulsada da declaración administrativa de invalidez ou diminución física expedida polo Organismo ou Autoridade competente.

- Xustificación documental do destino do vehículo ante o Concello da imposición, nos seguintes termos:

- Declaración do interesado.

- Certificados de empresa.

- Cartón de estacionamento para vehículos que transportan persoas con mobilidade reducida.

- Calquera outros certificados expedidos pola Autoridade ou persoa competente.

b) No suposto dos tractores, remolques, semirremolques e maquinaria agrícola:

- Fotocopia compulsada do permiso de circulación.

- Fotocopia compulsada do Certificado de Características Técnicas do Vehículo.

- Fotocopia compulsada da Cartilla de Inscrición Agrícola expedida a nome do titular do vehículo.

Non procederá a aplicación desta exención, cando pola Administración municipal se compróbe que os tractores, remolques ou semirremolques de carácter agrícola dedícanse ao transporte de produtos ou mercadorías de carácter non agrícola ou que non se estime necesario para explotacións da devandita natureza

3.- Bonificacións

Se establece unha bonificación do 75% a favor dos vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vinte e cinco anos, contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, tomando como tal a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar, nos termos previstos no artigo 1 do Real Decreto 1247/1995, do 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Vehículos Históricos.

A bonificación prevista no apartado anterior deberá ser solicitada polo suxeito pasivo a partir do momento no que se cumpran as condicións esixidas para o seu desfrute, debendo aportar a seguinte documentación xustificativa de:

1. A previa de inspección nun laboratorio oficial acreditado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
2. Resolución favorable de catalogación do vehículo como histórico, ditada polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

3. Inspección técnica, previa á súa matriculación, efectuada nunha estación de inspección técnica de vehículos da provincia do domicilio do solicitante.

4.Matriculación do vehículo como histórico na Xefatura Provincial de Tráfico do domicilio do interesado.

Artigo 5 º.BASES E CUOTA TRIBUTARIA - O imposto esixiráse con arreglo ó seguinte cadro de tarifas:

1º.- O cadro de tarifas vixente neste Municipio será o seguinte:

POTENCIA E CLASE DE VEHÍCULO

CUOTA

A) Turismos:

De menos de 8 cabalos fiscais

13,88 €

De 8 ata 11,99 cabalos fiscais

37,50 €

De 12 ata 15,99 cabalos fiscais

79,14 €

De 16 cabalos ata 19,99 fiscais

98,57 €

De mais de 20 cabalos fiscais

112,00 €

B) Autobuses:

De menos de 21 plazas

91,63 €

De 21 a 50 plazas

130,50 €

De mais de 50 plazas

163,13 €

C) Camións:

De menos de 1.000 quilos de carga

46,51 €

De 1.000 a 2.999 quilos de carga útil

91,63 €

De mais de 2.999 a 9.999 quilos de carga útil

130,50 €

De mais de 9.999 quilos de carga útil

163,13 €

D) Tractores:

De menos de 16 cabalos fiscais

19,44 €

De 16 a 25 cabalos fiscais

30,50 €

De mais de 25 cabalos fiscais

91,63 €

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción

mecánica:

De menos de 1.000 quilos de carga útil

19,44 €

De 1.000 a 2.999 quilos de carga útil

30,50 €

De mais de 2.999 quilos de carga útil

91,63 €

F) Outros Vehículos:

Ciclomotores

4,87 €

Motocicletas ata 125 cc

4,87 €

Motos de mais de 125 ata 250 cc

8,33 €

Motos de mais de 250 ata 500 cc

15,67 €

Motos de mais de 500 ata 1000 cc

33,32 €

Motos de mais de 1000 cc

66,62 €

2. Aos efectos da aplicación das anteriores tarifas, e a determinación das diversas clases de vehículos, estarase ao disposto no Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, e disposicións complementarias, especialmente o Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Vehículos.

3. Teranse en conta as seguintes regras:

1.º En todo caso, dentro da categoría de «tractores», deberán incluírse, os «tractocamiones» e os «tractores e maquinaria para obras e servizos».

2.º Os «todoterreos» deberán cualificarse como turismos .

3.º As «furgonetas mixtas» ou «vehículos mixtos adaptables» son automóbiles especialmente dispostos para o transporte, simultáneo ou non, de mercadorías e persoas até un máximo de 9 incluído o condutor, e nos que se poden substituír eventualmente a carga, parcial ou totalmente, por persoas mediante a adición de asentos.

Os vehículos mixtos adaptables tributarán como «camións» excepto nos seguintes supostos :

a) Se o vehículo destínase exclusivamente ao transporte de viaxeiros de forma permanente, tributará como «turismo».

b) Se o vehículo destínase simultaneamente ao transporte de carga e viaxeiros, haberá que examinar cal dos dous fins predomina, achegando como criterio razoable o feito de que o número de asentos exceda ou non da metade dos potencialmente posibles.

4.º Os «motocarros» son vehículos de tres rodas dotados de caixa ou plataforma para o transporte de cousas, e terán a consideración, a efectos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, de «motocicletas».

Tributarán pola capacidade da súa cilindrada.

5.º Os «vehículos articulados» son un conxunto de vehículos formado por un automóbil e un semirremolque.

Tributará simultaneamente e por separado o que leve a potencia de arrastre e o semirremolque arrastrado.

6.º Os «conxuntos de vehículos ou trens de estrada» son un grupo de vehículos axustados que participan na circulación como unha unidade.

Tributarán como «camión».

7.º Os «vehículos especiais» son vehículos autopropulsados ou remolcados concibidos e construídos para realizar obras ou servizos determinados e que, polas súas características, están exceptuados de cumprir algunha das condicións técnicas esixidas no Código ou exceden permanentemente os límites establecidos no mesmo para pesos ou dimensións, así como a máquina agrícola e os seus remolques.

As máquinas autopropulsadas que poidan circular polas vías públicas sen ser transportadas ou arrastradas por outros vehículos de tracción mecánica tributarán polas tarifas correspondentes aos «tractores».

A potencia fiscal, expresada en cabalos fiscais, establecerase de acordo co disposto no artigo 11.20 do Regulamento Xeral de Vehículos, en relación co Anexo V do mesmo.

Artigo 6º.-PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.

1. O período impositivo coincide co ano natural, salvo no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comenzará o día en que se produza dita adquisición.

2. O imposto devéngase o primeiro día do período impositivo.

3. O importe da cuota do imposto prorratearáse por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa do vehículo.

REXÍMENES DE DECLARACIÓN E DE INGRESO.

Artigo 7º.-A xestión, liquidación, inspección e recaudación, así como a revisión dos actos dictados en via de xestión tributaria corresponde o Concello do domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo.

Artigo 8º.-1. Quenes soliciten ante a Xefatura Provincial de Tráfico a matriculación, a certificación de aptitude para circular ou a baixa definitiva dun vehículo, deberán acreditar, previamente, o pago do imposto.

2. Á mesma obriga estarán suxetos os vehículos cando comuniquen a Xefatura Provincial de Tráfico a reforma dos mesmos, sempre que altere a súa clasificación a efectos deste imposto, así como tamen nos casos de transferencia e de cambio de domicilio que conste no permiso de circulación de vehículo.

3. As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedentes de baixa ou transferencia do vehículo si non se acredita previamente o pago do imposto.

4. Subtracción de vehículos.

No caso de subtracción de vehículos, previa solicitude e xustificación documental, poderá concederse a baixa provisional no Imposto con efectos desde o exercicio seguinte á subtracción, prorrateándose a cota do exercicio da subtracción por trimestres naturais.

A recuperación do vehículo motivará a continuación da obrigación de contribuír desde a devandita recuperación. Para ese efecto os titulares dos vehículos deberán comunicar por escrito a súa recuperación ó concello de Bóveda no prazo de quince días desde a data en que se produza, que dará traslado da recuperación á oficina xestora do Tributo.

Artigo 9º.-O pago do imposto deberá facerse dentro do primeiro trimestre de cada exercicio para os vehículos que xa estuveran matriculados ou declarados aptos para a circulación. No caso de nova matriculación ou de modificación no vehículo que altere a súa clasificación a efectos tributarios, o prazo do pago do imposto ou da declaración complementaria será de trinta días a partir do seguinte o da matriculación ou rectificación.

Artigo 10º.-1. Anualmente formarase un Padrón no que figurarán os contribuintes afectados e as cuotas respectivas que se liquiden por aplicación da presente Ordenanza, o cal será exposto ó público por quince días a efectos de reclamacións previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia e edictos na forma usual na localidade.

2. Transcurrido o prazo de exposición ó público, o Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o Padrón que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.

Artigo 11º.-As cuotas liquidadas e non satisfeitas no período voluntario, faranse efectivas pola via de apremio, con arreglo as normas do Regulamento Xeral de Recaudación.

PARTIDAS FALLIDAS.

Artigo 12º.-Consideraránse partidas fallidas ou crétos incobrables aquelas cuotas que non puideran facerse efectivas polo procedemento de apremio, para tal declaración farase o oportuno expediente dacordo co prevido no vixente Regulamento Xeral de Recaudación.

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Artigo 13º.-En todo o relativo a calificación de ingraccións que as mesmas correspondan en cada caso, estaráse o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria, conforme se ordena no Artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

As modificacións producidas pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado ou calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente Imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta Ordenanza.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Os vehículos que, con anterioridade á entrada en vigor da Lei 51/2002, de 27 de decembro, resultando exentos do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica por aplicación da anterior redacción do artigo 94.1.d) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, non cumpran os requisitos fixados para a exención na nova redacción dada pola Lei 51/2002, ao devandito precepto, continuarán tendo dereito á aplicación da exención prevista na redacción anterior do citado precepto, en tanto o vehículo manteña os requisitos fixados na mesma para tal exención..

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA

A presente Ordenanza fiscal que consta de trece artigos,unha Disposición Adicional, unha Disposición Transitoria aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o 17/12/2012 , entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2013, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa. “»

emprende en 3