ORDENANZA FISCAL Nº 10 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DA VÍA PÚBLICA CON POSTOS, BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS, ATRACCIÓNS OU RECREO SITUADOS EN TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL ASÍ COMO INDUSTRIAS NA RÚA E AMBULANTES E RODAXE CINEMATOGRÁFICA

 

FUNDAMENTO LEGAL

 

Artigo 1º.-

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica no Municipio de Bóveda, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

 

FEITO IMPOÑIBLE

 

Artigo 2

 

Constitúe o feito impoñible deste tributo a ocupación de terreos de uso público municipal con instalacións de carácter non fixo para o exercicio de actividades de venda de calquera clase, e con aquelas destinadas a espectáculos ou recreos e rodaxe cinematográfica así como o exercicio de industrias na rúa e ambulantes.

 

DEREITO A PERCIBIR

 

Artigo 3

 

A obriga de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento autorizado para a instalación de postos, espectáculos, recreos na vía pública, rodaxe cinematográfica e para o exercicio de industrias na rúa e ambulantes se efectúe, ou dende que se realice o aproveitamento se fixese sen a oportuna autorización.

 

SUXEITOS PASIVOS

 

Artigo 4

 

Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria ás que se autorice para efectúa-lo aproveitamento especial do dominio público local.

 

BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

 

Artigo 5

 

Tomarase como base do presente tributo o metro cadrado de superficie ocupada polo posto, instalación ou actividade que se autorice, valorado segundo a tarifa desta Ordenanza, os días naturais de ocupación, e cada mesa ou cadeira instalada na vía pública polos establecementos industriais, e en prazo polo que se autorice a industria na rúa ou ambulante ou o rodaxe cinematográfico.

 

COTA TRIBUTARIA

 

Artigo 6

As tarifas a aplicar serán as seguintes:

 

- Bares, postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas no Campo da Feira: 0,20 euros/m2/día

- Postos de polbo...10,00 euros/caldeiro/día

- Bares, postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións non situadas no Campo da Feira:

- Día:....................... 0,10 euros/m2

- Mes: ....................  2,50 euros/m2

- Trimestre:............   5,00 euros/m2

- Ano:..................    20,00 euros/m2

 

 

RESPONSABLES

 

Artigo 7

 

  1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización de unha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

  2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

  3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores de aquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consentisen no incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixesen posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesasen nas súas actividades.

  4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias existentes con anterioridade a ditas situacións que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

 

 

EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

 

Artigo 8

 

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 8/1989 do 13 abril, de Tasas y Precios Públicos , non se recoñece beneficio tributario ningún salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos internacionais ou os previstos nas normas con rango de Lei.

 

O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pagamento das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

 

 

NORMAS DE XESTIÓN

 

Artigo 9

 

  1. As persoas naturais ou xurídicas interesadas en obter autorización para a colocación de postos ou outras instalacións na vía pública presentarán no concello solicitude detallada da extensión, duración e carácter do aproveitamento, á que acompañarán o deseño correspondente do lugar exacto en que se ubique a instalación.

  2. Os titulares dos aproveitamentos, ó caduca-la licencia concedida para os mesmos, deberán proceder a retirar da vía pública as instalacións e se non o fixesen o concello farase cargo das mesmas, se fosen utilizables, ou adoptará as medidas necesarias para a súa utilización.

 

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS


Artigo 10

 

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

 

 

DISPOSICIÓN FINAL

 

A presente modificación da Ordenanza Fiscal, aprobada por acordo do Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 17/12/2012, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comezara a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

emprende en 3