ORDENANZA FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BÓVEDA

 

FUNDAMENTO E REXIME

 

Artigo 1.

 

Este concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20,3,I) da Lei 39/88 de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, establéce a Taxa polo uso das instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal, que se rexirá pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada.

 

FEITO IMPOÑIBLE

 

Artigo 2

 

Constitue o feito impoñible deste tributo: O uso das Instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal.

Así como la prestación dos servicios de que están dotada-las instalacións.

 

DEVENGO

 

Artigo 3

 

A obriga de contribuir nacerá dende que a utlización se inicie mediante a entrada ó recinto, previo pago das taxas.

 

SUXEITOS PASIVOS

 

Artigo 4

 

Están obrigados ó pago as persoas naturais usuarias das instalacións.

 

BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

 

Artigo 5

 

Tomaráse como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como ó número de horas ou fracción de utilización das pistas, e demais instalacións.

 

COTA TRIBUTARIA

 

Artigo 6

 

 

EUROS

Epígrafe 1º:

1.1.- Deportes de máis de cinco xogadores

1.1.1.- Alugüer de Pista deportiva para entrenamentos...........................................

1.1.2.- Alugüer de pista deportiva para campionatos...............................................

1.2.- Deportes de menos de cinco xogadores

1.2.1.- Alugüer de Pista deportiva para entrenamentos...........................................

1.2.2.- Alugüer de pista deportiva para campionatos............................................... Epigrafe 2º :

2.1.- Alugüer de Instalación do Pavillón para espectaculos..................................

 

 

6,01/hora

9,02/hora

 

3,01/hora

6,01/hora

 

1.021,72

 

➂ As contías referentes ó uso da pista de deportes mencionadas no epígrafe 1º serán incrementadas nun 50 por 100 os sábados, domingos e festivos.

➃ As contías referentes ó uso da pista de deportes mencionadas no epígrafe 1º e apartado 3º deste artigo, serán incrementadas nun 20 por 100 cando sexa preciso facer uso do alumado da pista

 

NORMAS DE XESTIÓN

 

Artigo 7

 

As persoas fisícas ou xurídicas interesadas na autorización municipal para usa-las instalacións do Pavillón Polideportivo, presentarán no concello solicitude detallada da identidade do solicitante, domicilio a afectos de notificación, actividade deportiva que se pretende realizar, número de xogadores, día e hora de uso das instalacións

O pagamento de dita taxa efectuaráse no momento de entrar ó recinto de que se trate ou ó retira-la autorización municipal de uso das instalacións.

 

EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

 

Artigo 8

 

Estarán exentas do pagamento das taxas, as actividades deportivas escolares.

 

 

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

 

Artigo 9

 

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

 

DISPOSICIÓN FINAL

 

Unha vez que se efectúe a publicación do texto íntegro da presente Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor, con efecto de un de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, continuando a sua vixencia ata que se acorde a sua modificación ou derrogación.

 

emprende en 3