ORDENANZA FISCAL Nº.: 13 REGULADORA DOS PRECIOS PÚBLICOS POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRUAS E AS RESERVAS DE VIA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, CARGA E DESCARGA DE MERCANCIAS DE CALQUEIRA CLASE.

 

FUNDAMENTO E RÉXIME

 

Artigo 1

 

1. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e as reservas de via pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercancias de calqueira clase no Municipio de Bóveda, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

 

2. Será obxecto deste tributo:

a) A entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e solares.

 

b) A reserva de espazos nas vías e terreos de uso público para carga e descarga de mercadorías a solicitude de entidades, empresas e particulares.

 

c) A reserva de espazos nas vías e terreos de uso público para sitado de vehículos de alugamento ou para o servicio de entidades ou particulares.

 

d) A reserva de espazos nas vías e terreos de uso público para principio o final de línea de servicios regulares ou descrecionais de viaxeiros.

 

 

FEITO IMPOÑIBLE

 

Artigo 2

 

Está constituido pola realización sobre a vía ou terreos de uso público de calquera dos aproveitamentos enumerados no punto 2 do artigo 1 desta Ordenanza e a obrigacion de contribuir nace dende o momento en que o aproveitamento se inicie.

 

OBRIGA DE CONTRIBUIR

 

Artigo 3

 

O tributo considerarase coa obriga de ser satisfeito ó iniciarse algún dos aproveitamentos obxecto desta Ordenanza, e anualmente, o 1 de xaneiro de cada ano. Esixíndose previamente o depósito total do seu importe, salvo nos períodos anuais sucesivos á alta inicial.

 

SUXEITOS PASIVOS

 

Artigo 4

 

Están solidariamente obrigados ó pagamento, en concepto de contribuíntes:

 

a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.

 

b) Os propietarios dos inmobles onde estean establecidas as entradas ou pasos de carruaxes.

 

c) As empresas, entidades ou particulares beneficiarios dos aproveitamentos enumerados nos apartados b), c) e d) do artigo 1 punto 2 desta Ordenanza

 

 

BASE IMPOÑIBLE E LIQUIDABLE

 

Artigo 5

 

Tomarase como base do presente tributo a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de carruaxes e da reserva de espazo, distancia que se computará no punto de maior amplitude ou anchura do aproveitamento, é decir, a existente entre as placas de reserva a que fai referencia o artigo 8 punto 4 e seguinte.

 

COTA TRIBUTARIA

 

Artigo 6

 

As tarifas a aplicar serán as seguintes:

1. a).- Entrada de vehículos en edificios ou fincas dende vías públicas dotadas de beirarrúas, ó ano: 7,20 €/metro ou fracción

b).- Por cada praza de aparcamento en edificios ou fincas, ó ano: 12,00 €

2. Por cada reserva de aparcamento ( utilización de placa de vado) abonarase a cantidade anual de 7,30 € metro lineal ou fracción.

 

3. Reserva de espazos de uso diverso provocados por necesidades ocasionais, por cada metro ou fracción lineal e día a que alcance a reserva: 0,60 €

 

4. As tarifas descritas nos apartados anteriores, serán acumulativas en caso de existencia de entrada de vehículos a través de beirarrúas e placa de vado permanente.

 

5. Pola venta de cada placa de vado regulamentaria, abonaranse 30,00 €

 

6. As cotas esixibles pola tarifa 3) liquidaranse por cada petición de reserva formulada e faranse efectivas na Caixa Municipal ó retira-las placas a que se refire o número 4 do artigo 8, sen prexuízo da liquidación complementaria que proceda se a devolución das mesmas tivera lugar con posterioridade ó prazo para o que se houbera solicitado a reserva.

 

7. As demais cotas serán de carácter anual e divindicaranse o 1 de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos casos de inicio e cese no aproveitamento, onde se prorrateará a cota por trimestres naturais.

 

8. A recadación das liquidacións que se practiquen, realizaranse polo sistema de ingreso directo, tanto na Tesourería Municipal, como en calquera Caixa de Aforros ou Entidade Bancaria inscrita no Rexistro de Bancos, con establecementos abertos dentro do término municipal, salvo as cotas anuais que se recaden por recibo.

 

Os prazos recadatorios serán os fixados no Regulamento Xeral de Recadación, que se levará a cabo a partir do momento en que fora divindicada a taxa.

 

RESPONSABLES

 

Artigo 7

 

1. Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización de unha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, tódalas sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición e responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria en caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consentisen no incumprimento por quen dependa deles ou adopten acordos que fixesen posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprir polas persoas xurídicas que cesasen nas súas actividades.

4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias existentes con anterioridade a ditas situacións que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

     

     

    NORMAS DE XESTIÓN

     

    Artigo 8

     

    1. As entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta Ordenanza presentarán no concello solicitude detallada de extensión e carácter do aproveitamento requerido.

    2. Tamén deberán presenta-la oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos dende que o feito se produza ata o derradeiro día do mes natural seguinte en que tal feito tivo lugar. Os que incumpran tal obrigación seguirán obrigados ó pagamento do tributo. Tales declaracións producirán efecto a partir do semestre seguinte a aquel en que se formulen.

    3. Os titulares das licenzas, incluso os que estivesen exentos do pago de dereitos, deberán proverse de placas regulamentarias para a sinalización do aproveitamento. En tales placas constará o número de rexistro da autorización e deberán ser instaladas de forma permanente delimitando a lonxitude do aproveitamento

    4. Igualmente, os titulares da reserva a que fai referencia a tarifa 3 deberán proverse de placas adecuadas, nas que constará o tempo de emprego e a lonxitude autorizada da reserva.

    5. A falla de instalación das placas ou o emprego doutras distintas ás regulamentarias impedirá ós titulares das licenzas o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.

    6. Os titulares das licenzas, deberán de axusta-las placas regulamentarias de que han de proverse, ó modelo que o concello teña establecido en canto a dimensións e estructura. As placas poden ser adquiridas onde se estime pertinente, se ben o Concello lle facilitará a quen o solicite, previo pagamento do seu importe.

     

     

    EXENCIÓNS, REDUCCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

     

    Artigo 9

     

    De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/98 de 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou os expresamente previstos en normas con rango de Lei.

     

    O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pagamento das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional.

     

     

     

    INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

     

    Artigo 10

     

    En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa aplicables.

     

    DISPOSICIÓN FINAL

     

    A presente modificación da Ordenanza Fiscal, aprobada por acordo do Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 17/12/2012, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comezara a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

     

     

    emprende en 3