ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.

MODIFICADO POR ACORDO PLENO DO 26 AGOSTO 2013

B.O.P. LUGO Nº.:248 DO 29/10/2013

 

TEXTO CONSOLIDADO DA

 

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.

 

Artigo 1.-Concepto.

Ao abeiro do previsto nos artigos 57 e 20.4.ñ do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal, este concello establece o prezo público pola prestación do servizo de Axuda a Domicilio.

 

Artigo 2.-Obrigados ó pago.

Están obrigados ó pagamento do prezo os beneficiarios dos servizos ou actividades do programa de Axuda a Domicilio.

Son suxeitos pasivos do prezo público, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire os artigos 35 e 36 da Lei Xeral Tributaria, a favor das cales se preste o servizo regulado nesta ordenanza.

 

Artigo 3.-determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo

A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar calcularase aplicando o disposto nos artigos “59. Determinación da capacidade económica das persoas dependentes valoradas con dereitos de atención recoñecido usuarias do servizo de axuda no fogar” e “60. Determinación da capacidade das persoas usuarias doutros servizos en que se aplique o copagamento” do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, ou norma que legalmente os substitúa.

 

Artigo 4º.- Participación no financiamento do servizo das persoas usuarias

1. A cuota tributaria determinaráse pola aplicación da seguinte tarifa:

Prezo por hora de servizo: Doce euros (12 €)

 

O prezo por hora será incrementado anualmente segundo a porcentaxe de incremento do IPREM e, así mesmo, poderá ser modificado polas modificacións que sufra o custo real do servizo

4.2.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, usuarias do servizo de axuda no fogar.

Se aplicará o disposto no artigo 61 do Decreto do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, ou norma que legalmente os substitúa.

4.3.- Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos sociais comuntarios en que se aplique o copagamento.

Se aplicará o disposto no artigo 62 do Decreto do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, ou norma que legalmente os substitúa, consonte a seguinte taboa:

Capacidade económica

Participación no custe do servizo de SAD básico

Menor do 0,80 do IPREM

0

Maior do 0,80 do IPREM e menor ou igual a 1,50 IPREM

10%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2 IPREM

30%

Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 IPREM

40%

Maior de 2,5

60%

 

 

Artigo 5º.- .-Obriga de pagamento.

A obriga do pago do prezo público regulado nesta Ordenanza, nace dende que se inicia a prestación do servizo a domicilio.

Mensualmente practicaranse liquidacións que deberán aboar os beneficiarios que lle serán notificadas para o seu ingreso, mediante domiciliación bancaria, na tesourería municipal no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de recepción da notificación.

 

Artigo 6º. Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto na Lei Xeral Tributaria e na súa normativa de desenvolvemento.

 

Disposición Adicional.-

Co fin de dar a máxima información aos cidadáns interesados e facilitar o acceso á mesma, se publicará na páxina web do concello de Bóveda, web: www.boveda.gob.es, o texto desta Ordenanza e os artigos da lexislación Autonómica en vigor á que se refiren os artigos 3º e 4º desta Ordenanza.

Asemade, faráse entrega a cada persoa usuaria dunha copia da Ordenanza fiscal e dos artigos da lexislación Autonómica en vigor á que se refiren os artigos 3º e 4º desta Ordenanza.

Disposición Transitoria

Unha vez entren en vigor as modificacións contempladas nesta Ordenanza fiscal, as cuotas tributarias se aplicarán a partir do primeiro dia do mes seguinte ao da súa publicación.

Disposición final.- Vixencia e data de aprobación.

Esta modificación da ordenanza fiscal aprobada polo Pleno na sesión do día vinte e seis de agosto de dous mil trece empezará a rexer a partir do dia seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial de Lugo e continuará vigente mentres non se acorde a modificación ou derogación. En caso de modificación parcial, os artigos non modificados quedarán vixentes.

 

 

emprende en 3