Descrición Xeográfica

ENCADRE TERRITORIAL

 

ENCADRE XEOGRÁFICO

 

O Concello de Bóveda atópase encravado na zona de transición entre a penechaira e a montaña, pertence á bisbarra de Lemos, que comprende seis municipios, no que se inclúen ademais de Bóveda:

Saviñao, Panton, Pobra do Brollón, Sober, Monforte de Lemos.

 

A superficie do Concello é de 91 km2, e os seus límites son:

 

Norte: Paradela e O Incio

Sur: Monforte de Lemos

Este: O Incio y Pobra de Brollón

Oeste: O Saviñao

 

O Concello de Bóveda localizase dentro da seguinte cuadrícula UTM:

- Latitude: sitúase entre as coordenadas U.T.M: X = 630.000 Este

X = 617.000 Oeste

- Lonxitude: sitúase entre as coordenadas U.T.M.: Y = 4.728.000 Norte

Y = 4.715.000 Sur

 

 

FISIOGRAFÍA

 

Morfoloxicamente, o Concello presenta un relevo algo montañoso, cunha pequena transición á chaira a medida que avanzamos ó Este.

 

As diferencias entre a parte Oriental e Occidental do Concello van a ser a condición de partida que xeneran

as diferencias nas características naturais e estructurais no Concello, polo que en diante vaise a referir a esta

zonificación do concello en dúas partes: a oriental e a occidental.

 

 

ALTITUDES

 

Na parte Occidental alcanzase unha altitude entre 600 e os case 700 metros, mentres que no resto do termo municipal posúe unha altitude media de 400-450 metros.

 

As cotas mais elevadas atópanse nas áreas de Serra, na parte Occidental, sendo o pico máis alto é o couso con 689 m, ademais dos picos do Monte Tras O Moredo (449 m.), Monte Costa.

 

Área Oriental.

 

Este marco físico aparece definido por unha unidade fundamental, a depresión de Lemos, que ten un dos seus límites en Bóveda pero prolongase por Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Ribas de Sil.

 

 

XEOLOXÍA.

 

O estudio xeolóxico elaborouse a partir dos mapas xeolóxicos (IGME) nº 124 (Sarria) e 156 (Monforte de Lemos).

 

ESTRATIGRAFÍA:

 

Desde o punto de vista paligeográfico está situada na parte Noreste da Galicia Oriental ou zona III de Matte, que exténdese nunha franxa ca dirección de Norte a Sur cunha anchura media de 70 Km.,

ocupando a maior parte da Provincia de Lugo.

 

Estratigraficamente, o concello atópase comprendido entre dous grandes dominios. Por unha parte a área localizada nas serras e as súas estribacións polo Este corresponde ó Dominio do Domo de Lugo,

pregue tumbado do Courel, e pola contra, na Suroeste e menos representado dentro dos límites do

concello, atópase a incipiente depresión de Monforte, que correspondo formación do Dominio do ‘Ollo

de Sapo’.

 

Dominio do Domo de Lugo:

 

Esta estructura localizase ó longo dun eixe sensiblemente relacionado ca dirección NO-SE, creadas a

partir dos pregamentos do anticlinal tumbado de Mondoñedo-Lugo-Sarria (Sur de Bóveda) e o pregue

tumbado de O Courel (Este). Esta dirección marca a tendencia orográfica e o curso de dous dos

principais cursos fluviais do municipio.

Os materiais existentes corresponden ás etapas do Precambico, Cámbico, e Silúrico, formándose

durante estas etapas principalmente rocha de tipo metamórfico.

 

Etapa PreCámbico: Os materiais correspondentes a este período son:

Metagrauwackas feldespáticas

Cuarcita Armoricana

Lousas de luarca

Lousas de Monte

 

Dominio do Anticlinario do ‘Ollo de Sapo’:

 

Seguindo o anticlinal que recorre o extremo Norte , localizase o dominio do ‘Ollo de Sapo’, no núcleo

localízanse os seguintes afloramentos distribuídas nas seguintes etapas:

 

Etapa Ordovícico:

Cuarcitas e Lousas (O11, O1). Cuarcita amoricana. Localizado nos propios sinclinais da zona

Oeste.

 

Etapa Silúrico:

Ampelitas, lousas e Xistos). Alineado co sinclinal, desde o Sur do encoro de Vilasouto en

dirección Noroeste localízanse estas formacións de lousas, constituídas por moscovita, cuarzo e

clorita. Tamén detéctanse intercalacións silíceas.

 

Etapa Terciario:

Característico da zona baixa da depresión de Monforte, aparece localizada na marxe dereita do

Concello e outros pequenos enclaves adxacentes. Os materiais de tipo sedimentario proceden de

elementos resistentes á erosión, como as cuarcitas do Ordovícico, formándose un leito de sedimentos

detríticos, areosos, con margas arxilosas e arxilas.

 

Etapa Cuaternario:

Localizadas nos cursos dos principais ríos, e presentan depósitos de chaira aluvial constituídos por

grandes cantos de lousas, areniscas e cuarzo redondeado, con areas de grans grosos e medios nunha

matriz arxilo-limosa.

 

 

LITOLOXÍA:

Pódese concluír que a maior parte dos materiais que constitúen a base litolóxica formáronse a partir de procesos metamórficos (lousas e cuarcitas) facilmente erosionables.

 

Rochas metamórficas: Constituídas polas lousas (grises, azuladas, de Cándana), e cuarcitas e areniscas.

Estas rochas teñen un carácter acedo, aínda de forma excepcional atopanse dotadas dunhas

cantidades altas de calcio e magnesio, o que constitúe unha riqueza adicional.

 

Rochas sedimentarias: Localizadas nos fondos de val (río Mao principalmente). A súa composición

litolóxica é variable, sendo na súa maior parte margas e arxilas, de alta riqueza química, que polo

contrario poden constituír un problema de cara á permeabilidade, pudendose dar limitacións nos

cultivos debido á hidromorfía.

 

HIDROXEOLOXÍA:

 

Coincidindo ca litoloxía, podemos clasificala permeabilidade en consecuencia da base litolóxica. Así as superficies desenvoltas sobre as rochas metamóficas resultarían unha superficie de permeabilidade moi baixa ou nulo, tan só deixando dita capacidade de retención de auga ós solos desenvolvidos sobre el. A elevada pendente xunto outros factores morfolóxicos deron como consecuencia uns solos pouco profundos cunha capacidade media á hora de absorbelas augas de precipitacións, deixando en parte escorrela auga.

 

As partes baixas e chas do Concello o carón dos ríos, presentan unha elevada capacidade de retención, polas súa granulometría así como profundidade dos solos.

 

HIDROGRAFIA

 

O Concello de Bóveda comprende parte dos territorios do conca alta-media do río Cabe, que verte as súas augas ó final do seu traxecto ó río Sil, atopándose o Concello de Bóveda na conca do río Sil na súa maior parte, existindo unha pequena área pertencente á conca do Miño.

 

Subconcas hidrográficas

 

O río Cabe, no seu curso alto segregase en varios afluentes con numerosos regos, e descríbense no seu tramo alto tres subconcas hidrográficas, dispostas en eixes lonxitudinais que recorren o concello de Nordeste a Sudoeste: río Viloira, Mao e Cabe no extremo mais oriental.

 

 

Descrición da rede hidrográfica

 

Existen catro importantes ríos dentro do sistema fluvial do Concello de Bóveda: o río Mao, o Noceda, Teilán e Xunqueira.

 

O Río Mao nace na Serra de As Seixas, nos límites municipais de Incio e Samos. Cruza a totalidade do Concello de O Incio de Nordeste ata o Sudoeste, onde foi embalsado na presa de Vilasouto.

Discorre dividindo en dous eixes o Concello, atopándose na súa marxe dereita o chan val do Lemos, con terras fértiles e de suaves formas, mentres que a dereita discorre polo pe das Serras Occidentais. E por estes sistemas montañosos por onde desenvolvese a rede hidrográfica que alimenta o seu curso:Teilan, Eimer, etc…

Os seus principais afluentes que desembocan pola súa marxe dereita, son numerosos e de unha lonxitude considerada (de 2 a 3 Km.): Río Teilán,

 

Polo norte Concello conflúen as augas do Mao cas do río Viloria.

Próximo ás entidade de Tuimil e Barxa, atópase o azud realizado pola CHN que abastece o canal de Lemos que leva a auga necesaria para satisfacela demanda existente neste grande áre de cultivo.

Os recursos extraidos desde o azud, en réxime natural, ascenden uns 258,05 Hm3/año. Sendo a achega específica mínima de 0,33 l/s km2, a achega mínima do sistema ascende a 243 l/s, equivalente a 7,67 Hm3/año.

Dita canle rega unhas 2600 Ha, das que 1700 corresponden a regos estatais (zona do Val de Lemos), do seguinte xeito:

Canle de Bóveda................. 622 Has.

Canle da M. D................ 482 Has.

Canle da M. I................ 596 Has.

 

Río Viloira/Noceda:

O Río Viloira nace na Serra de Santa Mariña, no límite do Concello de O Incio e Sarria. Atravesa a aldea de

Viloira, do que toma o nome. Ten un curto recorrido, posto que no núcleo de Xullán une as súas augas as do Río Mao.

A súa distribución é ramificada con afluentes curtos (regatos), pouco importantes.

 

Río Xunqueira:

Atravesa unha pequena parte do Concello, pero ten pouca reprensentatividade nel.

 

Calidade das augas

A calidade das augas no Concello están controladas por estacións de control da Confederación Hidrográfica do Norte. Ubícase a estación nº 124 augas abaixo do río Mao na súa confluencia co río Cabe, xa no concello de Monforte de Lemos, na localidade de Ribas Altas.

En ditas estacións levase periodicamente un control sobre os principais parámetros: pH, Conductividade eléctrica, DBO5, temperatura, saturación en osíxeno, etc… Así como o control sobre a altura da lámina de auga e o perigo de inundacións.

No obstante no plan Hidrolóxico nacional para a Cunca Norte I, subconca do Cabe, determínase a fraxilidade na calidade das augas no tramo do Cabe situado augas arriba de Monforte de Lemos, en relación coa DBO, ainda que considerase este tramo como apto para calqera uso con nivel A1.

 

Temperatura

A temperatura media (11.7ºC) constitúe un valor habitual para ás zonas do interior da provincia de Lugo.

Tendo en conta que estes valores atópanse rexistrados no centro de Sarria, se esperarán temperaturas aínda menores, que con toda seguridade diminuirán proporcionalmente co incremento altitudinal, nas localidades situadas ó Este.

 

Precipitacións

As precipitacións da orde de 1000 mm, son valores habituais en toda Galicia. Podemos deducir un

incremento das precipitacións en zonas de montaña, ó redor das cales condensase a auga provocando

precipitacións mais abundantes que as rexistradas na estación.

O máximo de precipitacións ten lugar na época invernal (38% das precipitacións anuais en tres meses, con máximas en xaneiro), mentres que o mínimo ten lugar na época estival, durante o mes de Xullo, 20 a 30 mm.).

 

EDAFOLOXÍA:

 

FACTORES FORMADORES DOS SOLOS DE BÓVEDA:

O propio relevo do terreo constitúe o principal factor formador, xa que as variables climáticas (precipitación e temperatura) sofren cambios importantes en función do posición orográfica. A existencia de fortes pendentes e material pouco drenante, xenera unha intensa perda de auga por escorrenta, ademais do lavado do solo típico de clima húmido galego, produce unha importante perda de nutrintes.

A presión antrópica unicamente se reflexa na zona agropecuaria do Centro-Sur do Concello, e pode

considerarse como o único factor erosivo existente en ese área.

TIPOS DE SOLOS. CLASIFICACIÓN DA FAO

A maior parte dos solos xenéranse a partir de rochas metamórficas (lousas, areniscas, cuarcitas e calizas) e

depósitos de sedimentos e aluvións .

Segundo a Soil Taxonomy, os solos existentes no Concello de Bóveda correspóndense os seguintes grupos:

Entisoles:

Son solos recentes, é decir, con pouco desenvolvemento morfolóxico nos que xeralmente só se distingue un

horizonte de profundidade moderada constituido por material sen consolidar. Dentro deste orde poden incluírse solos con características moi diferentes, pero en todo caso xóvenes, con un perfil pouco desenvolvido, debido a a erosión, que mantén os espesores de escasos centímetros. As súas propiedades están amplamente determinadas (herdadas) por o material orixinal. Son solos que ocupan xeralmente as zonas aluviais dos ríos e partes altas de montaña. Están constituídos por unha gran variedade de materiais que le aportan gran fertilidade.

Aparecen as seguintes unidades de solos, segundo a clasificación do FAO:

- Leptosoles líticos: solos de perfil tipo AR, onde só existe un horizonte A directamente apoiado sobre a rocha nai (R), de apenas 10 cm. de espesor. Correspóndense as posicións con forte erosión, de altas pendentes e escasa vexetación.

- Regosoles úmbricos: solos de perfil AR ó AC (o horizonte A está apoiado sobre a rocha nai meteorizable), a súa profundidade é maior de 30 cm. de espesor. A súa posición correspondese cas pendentes mais suaves, e pequenos replanos existentes sobre elas.

- Inceptisoles: Son solos cun horizonte algo mais desenvolvido que os Entisoles pero que carecen de rasgos característicos para incluílos noutra orde. Son moi frecuentes en case tódolos ambientes posibles. Soen desenvolverse en terreos con pendentes pronunciadas e sobre materiais orixinales moi resistentes. Son aptos para unha agricultura ben planificada que evite problemas de erosión xa que son solos moi sensibles a este problema.

Aparece unha única unidade do se solo, segundo a clasificación da FAO:

- Cambisoles úmbricos: solos con horizonte cámbico e epipedón úmbrico.

- Cambisoles ócricos: solos con horizonte cámbico e epipedón ócrico.

 

ESTUDIO DE VEXETACIÓN .

 

A vexetación é un dos principais elementos do medio físico que conforman a paisaxe e definen o uso e estilo e vida da poboación, herdando un factor histórico nela. A isto podémoslle engadir o papel

ecolóxico, desde función biolóxicas ata protectoras.

 

ENCADRE BIOXEOGRÁFICO.

Bioxeografía:

O encadre bioxeográfico basase na descrición de unidades do territorio a partir da distribución das

especies e das comunidades vexetais. O Concello de Bóveda, segundo a clasificación de Rivas

Martínez (1984), circunscríbese no seguinte marco:

Rexión corolóxica Eurosiberiana

Subrexión Atlántico-Medioeuropea

superprovincia Atlántica

Provincia Cántabro-Atlántica

subprovincia Galaico-Portuguesa

sector Galaico-Portugués

subsector Xuresiano-Queixense

 

Bioclimatoloxía e pisos bioclimáticos:

Bioclimatoloxicamente se recoñecen os pisos bioclimáticos colino e montano e na súa maioría, ó que

lle corresponde a serie climatófila Vaccinio myrtilli-Querceto roboris signetum.

 

VEXETACIÓN ACTUAL:

Masas de Frondosas.

A acción antrópica fixo desaparecer moitos destes bosques que na actualidade quedan reducidos a rodais de menor dimensión que a primitiva, xeralmente nas áreas menos accesibles, observándose tamén pés de frondosas illadas ou formando as lindes das fincas.

Carballeiras.

Nas zonas mais baixas, fértiles e asociadas a fondos de val, onde as terras roturanse a favor dun uso

agropecuario, poden observarse pés de carballo común (Quercus robur), en malas condicións, trasmochados, defectuosos, utilizados como lindes vexetais.

Únicamente o cerquiño (Quercus pyrenaica), en ladeiras de umbra e posicións mais altas, aparece millor representado. Se trata en todo caso de pequenos pés, xa que esta especie foi moi perseguida como útil nas antergas ferrerías.

 

Bosques de ribeira.

A extensión dos bosques de ribeira mermou pola presión antrópica, principalmente intensa nas terrazas fluviais de boas características e fertilidade (Subconca do Mao) a diferencia doutras Subconcas, como a do río Cabe, onde a accesibilidad é mais limitada.

 

Repoblacións:

Se localizan en parcelas privadas repoboadas principalmente con piñeiro insigne ou de Monterrey (Pinus radiata) e piñeiro do país (Pinus pinaster). Nos últimos anos xurde a iniciativa de plantación dunha especie de eucalipto adaptado ó frío, o Eucalyptus nitens, que comeza a utilizarse nalgúns rodais, sendo as súas masas aínda moi xóves.

 

Os M.V.M.C. das serras orientais repoboáronse co piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), (iniciativa da Administración Forestal, durante os anos 60-70), constituíndo na actualidade masas adultas e estables. Na actualidade non xurdiron novas iniciativas de repoboación ca dita especie. Tamén existen dentro destas propiedades rodais de Pinus radiata e Pinus pinaster. Moitas destas extensións foron pasto do lume nos numerosos incendios existentes en Bóveda, e unicamente hoxe en día substituíronse de xeito natural por formacións de mato.

 

As repoboacións de piñeiro e eucalipto teñen un obxectivo claramente productor, como consecuencia da demanda comercial e a alta productividade das especies citadas. Por o seu baixo grado de cobertura das copas, a posibilidade de establecimento de vexetación no sotobosque é maior, sendo as especies mais frecuentes o toxo (Ulex minor e Ulex europaeus) e o fento.

 

Formacións de mato:

A formación característica do mato o constitúe como especie principal o toxo (Ulex europaeus), a uz (Erica cinerea), a carqueixa (Callunha vulgaris ) e outras especies herbáceas como o Halimium alyssoides, Arenaria montana, Lithodora prostrata, Lotus corniculatus, etc...

 

Localizados nas cotas mais altas ou ligados a solos pobres, estas formacións son previas ó establecemento das carballeiras (etapa de substitución), e desempeñan unha función protectora e de aporte de nutrintes, enriquecendo e protexendo o solo dos procesos erosivos.

 

Outras especies de mato existentes son as xestas (Cytisus sp. e Genista sp.) as zarzas ou silvas (Rubus sp.),as uces (Erica sp.) e os toxos (Ulex europaeus e Ulex minor). A súa existencia debese á degradación do estrato arbóreo polos efectos antrópicos como os lumes, o abandono de cultivos como o centeno, o como consecuencia das repoboacións de piñeiro e eucalipto onde ocupa o sotobosque.

 

Sebes:

Formados por agrupacións vexetais de espiñeiros e silvas (asociación Ruto ulmifolii-Tametum communis) que se desenvolve no piso colino. A súa composición consiste en arbustos de tipo espiñeiroso no que pode aparecer algunha especie de porte arbóreo. A composición florística sole ser: zarzas (Rubus sp.)),cerezo (Prunus spiñeirosa), espiñeiro albar (Crataegus monogyna), salgüeiro (Sambucus nigra), Tamus communis, Pentaglottis sempervires, Lonicera periclymenum, , Rosa sp., etc

 

 

ESTUDIO DA FAUNA

INTRODUCCIÓN:

O estudio do fauna considerou como base do estudio aqueles mamíferos, anfibios, aves, peces ou reptís que viven no medio ambiente natural, no que tras inventaria-los nun catálogo,

describiuse a súa interacción co medio e cas principais figuras lexislativas de protección

faunística, atendendo de forma especial ás especies cinexéticas.

 

CATÁLOGO FAUNÍSTICO:

 

Elaborado a partir de datos bibliográficos, (Atlas de Vertebrados de Galicia), no Concello de Bóveda se describen as seguintes especies faunísticas.

 

AVES

Anas platyrhynchos (pato real) Troglodytes troglodites (carrizo)

Milvus migrans (miñato queimado) Prunella modularis (azuleta común)

Accipiter nisus (gabilán) Sylvia atricapilla (papuxa)

Buteo buteo (miñato común) Phylloscopus collybita (picafojas)

Falco tinnunculus (lagarteiro) Regulus ignicapillus (estrelita)

Alectoris rufa (perdiz vermella) Saxicola torcuata (chasco común)

Conturnix conturnix (paspallás) Erithacus rubecula (petirrubio)

Columba palumbus (palomo torcaz) Turdus merula (merlo común)

Streptopelis turtur (rula común) Parus ater (ferrerillo común)

Cuculus canorus (cuco común) Parus caerulens (ferrero bacactus)

Tyto alba (buho común) Parus major (ferreiro abeleiro)

Athene noctua (moucho común) Emberiza citrinella (escribenta real)

Apus apus (vencello común) Emberiza cia (escribienta)

Picus viridis (pico verdeal) Emberiza cirlus (escribenta)

Alanda arvensis (laverca) Fringilla coelebs (pimpín común)

Hirundo rupestris (golondrina) Serinus serinus (xirín)

Hirundo rustica (golondrina común) Acanthis cannabina (pardillo)

Delichon urbica (gol. do cu branco) Pyrrhula purrhula (petirroxo real)

Motacilla cinerea (lavandeira real) Passer domesticus (pardal común)

Motacilla alba (lavandera branca) Sturnus unicolor (estornino negro)

Garrulus glandaris (urraca marza) Pica pica (urraca rabilarga)

Corvus corone (corvo) Columba oenas (Paloma zurita)

Corvus monedla (graxilla)

 

MAMÍFEROS

Lepus capensis (Lebre). Oryctolagus cunniculus (Coello)

Capreolus capreolus (Corzo). Vulpes vulpes (Zorro)

Cannis lupus (Lobo). Sus scrofa (Xabarín).

Meles meles (teixón) Martes martes (marta)

Putonius putonius (furón) Mustela vivalis (comadrexa)

 

ANFIBIOS E REPTILES

Salamandra salamandra (salamandra) Triturus buscari (tritón común)

Bufo bufo (sapo común) Alytes obstreticans (sapo partero)

Bufo calanita (sapo corredor) Rana perezi (ra verde)

Rana iberica (rá patilarga) Lacerta lepida (lagarto arnal)

Lacerta schreiberi (lagarto verdinegro) Lacerta vivipare (lagartixa de tubeira)

Podarcis hispanica (lagartixa ibérica) Podarcis muralis (lagartixa rogueira)

Tabentola mauritanica (salamanguesa) Blanus cinerens (culebrilla cega)

Malporon monspesulanus (culebra bastarda)

Coronela austriaca (culebra lisa) Natrix natrix (culebra de colar)

Natrix naura (culebra viperina)

 

FAUNA PROTEXIDA

Segundo os catálogos de fauna protexida e os atlas de vertebrados de Galicia, no Concello de Bóveda atópanse a seguinte relación de animais. O seu hábitat deberá estar suficientemente protexido o incluírse nunha categoría de solo rústico especialmente protexido.

 

Anfibios: cinco especies catalogadas como de interese especial no Catálogo nacional de especies

ameazadas: Discoglossus galganoi, Rana iberica, Hyla arborea, Triturus boscai e Triturus helveticus.

As tres primeiras especies aparecen coa categoría de vulnerables no Catálogo galego de especies

ameazadas.

 

Réptiles: unha especie catalogada como de interese especial no Catálogo nacional de especies

ameazadas: Elaphe scalaris.

 

Aves: unha especie catalogada como vulnerable nos Catálogo nacional e Catálogo galego de

especies ameazadas: Circus pygargus, e cincuenta e nove especies catalogadas como de interese

especial, como a Ciconia ciconia, e o Caprimulgus europaeus.

 

Mamíferos: dúas especies catalogadas como de interese especial no Catálogo nacional de especies ameazadas: Galemys pirenaicus e Lutra lutra. A primeira destas especies aparece catalogada como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas.

 

 

 

ESPAZOS NATURAIS

 

ESPAZO NATURAL DO RIO CABE

Figura de protección: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais

Constitúese polos tramos alto e medio da subcunca do río Cabe, afluente do Sil. O espazo natural abrangue dende moi preto do seu nacemento (Monte de Loureira, O Incio) ata o lugar onde se produce a incorporación do seu afluente o río Ferreira (Pantón). Inclúe, así mesmo, tramos dos seus tributarios o Carabelos, o Cinsa e o Mao, co seu afluente o Noceda, estes dous últimos existentes no Concello de Bóveda.

Na figura de abaixo pódese observar a localización de dito espazo, en cor verde, representado como unha

banda de cor verde que desenvolvese o longo dos ríos Mao e Teilán, abríndose cara o Concello de Bóveda.

Este espazo natural ocupa unha superficie de 1.576,53 ha, das que 269 ha. atópanse no Concello de Bóveda, o que supón o 17% da superficie total do Concello.

 

Principais valores existentes na área

 

Vexetación

 

Ata un 41% do LIC está ocupado por áreas boscosas, entre as que, á parte de plantacións forestais, cabe resaltar as bosques-galería riparios (asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae), que flanquea grande parte dos cursos fluviais, cos ameneiros (Alnus glutinosa), os salgueiros (Salix atrocinerea) e os freixos (Fraxinus excelsior e Fraxinus angustifolia) como especies caracterizadoras no estrato arbóreo, e sobre todo os soutos de castiñeiros e os bosques de cerquiño (Quercus pyrenaica) (asociación Holco molli-Quercetum pyrenaicae), típicos de áreas de transición mediterránea e eurosiberiana do sueste de Galicia e presentes sobre todo na cunca alta do Cabe e os seus afluentes, a alturas superiores aos 500 m.

 

Ademais, case unha cuarta parte do espazo natural inclúe diferentes tipos de matogueiras e prados

seminaturais, nos que é posible atopar a gramínea (Festuca elegans), especie incluído no Anexo II da Directiva Hábitats. É característico da cunca do Cabe a matogueira de porte arbustivo de ericáceas, jaras, labiérnagos e albedros (asociación Erico scopariae-Arbutetum unedonis), que mostra a penetración de especies termófilas na depresión de Lemos.

 

 

Fauna

Os odonatos (Macomia splendens e Oxygastra curtisii), presentes nestes ríos, son, co cervo voante (Lucanus cervus), invertebrados ameazados e protexidos ao amparo da Directiva Hábitats.

 

Ademais da troita común (Salmo trutta fario), catro peixes continentais endémicos de interese atopan na cunca do Cabe, o escalo (Chondrostoma duriense), a bermejuela (Rutilus arcasii), o cacho (Squalius carolitertii) e a anguía (Anguilla anguilla). A fauna herpetológica, que inclúe a 13 especies de anfibios e polo menos 13 de réptiles, é notable por canto que na zona entran varios elementos tipicamente mediterráneos que conviven con taxons de orixe eurosiberiano ou endémicos do cuadrante noroccidental ibérico.

 

Entre os anfibios destaca a presenza do sapo de esporas (Pelobates cultripes), presente na depresión de Lemos, e a píntega rabilarga (Chioglossa lusitanica), endemismo noroccidental ibérico restrinxido á área montañosa da cabeceira do Cabe; e entre os réptiles, o tamén endémico lagarto verdinegro (Lacerta schreiberi), así como as mediterráneas lagarta colilarga (Psammodromus algirus), cobra bastarda (Malpolon monspessulanus) e cobra de escaleira (Rhinechis scalaris).

 

O picapeixe (Alcedo atthis), o merlo acuático (Cinclus cinclus) e a lavandeira cascadeña (Motacilla cinerea) habitan nos ríos, mentres que o bosque de ribeira, os soutos e as carballeiras cobijan a un gran número de aves terrestres, entre as que se contan os reiseñores bastardos (Cettia cetti), reiseñores comúns (Luscinia megarhynchos), rubideiros azuis (Sitta europaea), páridos (Parus spp.), carrizos listados (Regulus ignicapillus), vichelocregos (Oriolus oriolus) e, durante o inverno, lúganos (Carduelis spinus). As aves rapaces están representadas polo miñato negro (Milvus migrans), a aguia culebrera (Circaetus gallicus), o aguililla calzada (Hieraaetus pennatus), o aguiacho cincento (Circus pygargus) e o falcón (Falco subbuteo), entre outras.

 

Unha característica de grande interese da depresión de Lemos, e en particular das súas áreas de matogueira, arbustos e amieirais, é que é visitada en verán e outono por unha gran cantidade e variedade de migrantes transaharianos, como diversas currucas (Sylvia spp.) e mosquiteiros (Phylloscopus spp.)

Entre os mamíferos é destacable a presenza do desmando ibérico (Galemys pyrenaicus) e a londra (Lutra lutra), recollidos en Anexo II da Directiva Hábitats.

 

 

Hábitats de interese comunitario existentes no espazo natural.

 

Segundo a cartografía do Ministerio de Medio Ambiente, no concello de Bóveda atópanse as seguintes asociacións vexetais:

Brezales secos europeos.

Brezales oromediterráneos endémicos con tojo.

Zonas subestépicas de gramíneas y anuales del Thero-Brachypodietea.

Megaforbios eutrofos higrófilos de las orlas de llanura y de los pisos montano y alpino.

Bosques aluviales de Alnus glutinosa y Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Robledales galaico-portuguesas con Quercus robur y Quercus pyrenaica.

Bosques de Castanea sativa.

Que correspondenense cos seguintes Hábitats de interese comunitario (Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio,

relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres):

Carballeiras: Rusco-Quercetum roboris (823013), pertencente ao hábitat de código 9230, hábitat non

prioritario.

Galerías fluviais: Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae (81E025), Valeriano pyrenaicae-Alnetum

glutinosae(81E017), Carici lusitanicae-Alnetum glutinosae (81E021). Todas elas pertencen ao hábitat de

código 91EO* (hábitat prioritario).

Bidueirais seriais: Quercenion robori-pyrenaicae (823010): pertencente ao hábitat de código 9230

(hábitat non prioritario).

Toxeira-breixeira: Ulici europaei-Ericetum cinereae (303049): pertencente ao hábitat codificado como

4030 (hábitat non prioritario).

 

 

emprende en 3