Parroquia: Bóveda, San Martiño de

356 habitantes .Formada polos lugares de Souto, Pacios e Bóveda, capital administrativa do Concello. A igrexa parroquial de Bóveda, completamente moderna, construída no segundo tercio do século XX. Ten planta rectangular con tellado de pizarra a dúas augas. A igrexa orixinal atopábase o pé do cemiterio, a carón do Pazo de Bóveda, pero derrubouse e os seus materiais aproveitáronse para ampliar o mesmo, reutilizándose para a igrexa actual a espadana e outros elementos graníticos.Destaca nesta parroquia o Pazo de Bóveda: edificio de planta rectangular do ano 1769, e a Casa de Fernández, que conserva na súa fachada un escudo de granito pertencente a un antigo Pazo dos Marqueses de Villaverde de Limia.Atopamos tamén varios muíños, entre os que destaca o muíño de Xil pola seu bo estado de conservación

 

 

emprende en 3