Parroquia: Freituxe, Santiago de

27 habitantes distribuidos en dúas entidades de poboación: Covelo e Freituxe.  A primeira vez que se fai referencia a Freituxe, é no testamento maior do Bispo Odoario, no que aparece como Villa Fructuosi, no ano 747. Con posterioridade a esta data, sendo abade Lope de Barrera, o beneficio de Freituxe pasa a depender do Mosteiro de Samos.

A igrexa parroquial data do S.XVII. Edificio de planta rectangular e muros de mampostería, en pizarra e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e pizarra. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía. Espadana de dous vanos, realizada en granito, sobre o frontis. 
Destaca nesta parroquia a Casa do Priorato, que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma. Edificio de planta rectangular, con muros demampostería en pizarra, con restos de enlucido, e cuberta en madeira e pizarra. A súa estructura orixinal esta moi alterada, ó se lle derrubar construccións da época e construír outras máis recentes, conservando a portada principal, en arco de medio punto, sobre a que está o escudo da abadía de Samos, esculpido en mármore, que representa, dento dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma; enmarcando o campo, capelo, con seis borlas a cada lado, rematado en tres.

emprende en 3