Parroquia: Ribas Pequenas, Santiago de

 

   122 habitantes distribuídos en 5 núcleos de poboación: A Áspera, Chorente, Igrexa, Souto e Veiga. A igrexa parroquial, reconstruída  no s.XVII.Edificio de planta rectangular con muros de mampostería de pizarra e cuberta, de madeira e pizarra a dúas augas. No seu interior distribúense dúas naves, comunicadas por dous arcos de medio punto. No lugar de Souto sitúase a Casa do Coronel; edificio con planta de U, ó redor dun patio pechado, con muros de mampostería en pizarra e cuberta, a catro augas, en madeira e pizarra.Na súa fachada hai un escudo, de apariencia recente, coas armas dos Somoza. En A Veiga, podemos destacar O Refuxio da Curuxa,trátase dun edificio de planta en L, estruturado ó redor dun patio pechado.Destacar tamén nesta parroquia o Muíño de Maseda, actualmente en funcionamento.

 

.

emprende en 3