PLENO Nº 11/2011 SESIÓN DO 26/12/2011

BORRADOR DA ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO O DIA VINTE E SEIS DE DECEMBRO DE  DOUS MIL ONCE (26.12.2011)

PLENO NUMERO 11/2011


       No Salón de sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, cando son as doce horas do día vinte e seis de decembro de dous mil once, reúnese en sesión órdinaria e en primeira convocatoria o Concello Pleno baixo a Presidencia do Alcalde:

               1.-     D. JOSÉ MANUEL ARIAS LÓPEZ

    Concorren a sesión os seguintes Concelleiros:

              2.- D. JOSÉ LUÍS RIVERA SACO,
              3.- D. DIONISIO BLANCO RUBIÑOS
              4.- D. FRANCISCO JAVIER DOMINGUEZ LÓPEZ
              5.- DNA. NATIVIDAD RODRÍGUEZ LÓPEZ
              6.- DNA. CRISTINA JUÍZ LÓPEZ
              7.- DNA. MARÍA DEL CARMEN MACIA RODRÍGUEZ
              8.- D. JOSÉ LUÍS VILA CARRIL
     
             Non asiste o Concelleiro: D. PABLO ARRAIS GÓMEZ, que excusa a súa asistencia

             Como Secretario D.  Luis Eduardo Matias Sánchez que da fe.

    Aberta a sesión e declarada pública pola presidencia as doce horas e cinco minutos, unha vez comprobada polo Secretario a existencia do quórum de asistencia necesario para que poda ser iniciada, procedese a coñece-los seguintes asuntos incluidos previamente no orde do día:

    I.- APROBACIÓN, SI PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA ANTERIOR Nº 10/2011

    O Presidente pregunta si algún membro da Corporación ten que formular algunha observación o borrador da acta da sesión anterior número 10/2011  distribuida coa convocatoria.
    Ningún dos Concelleiros presentes formula alegacións e, a continuaciòn, o Sr. Presidente somete a votación a aprobación do referido borrador da acta, sendo esta aprobada por unanimidade.


    II.- CESIÓN DE TERREOS PARA VIAIS POR MOTIVOS URBANÍSTICOS NA AVDA. SAN VICENTE Nº.: 12 - DNA. NIEVES RODRÍGUEZ CASANOVA
    
    Acordo por sete votos a favor e a abstención de D. José Luís Vila Carril se adopta o seguinte acordo:
    Visto o expediente 2011/305-2.7.6, instruído para a aceptación dos terreos de cesión gratuíta e obrigatoria, situados na Avda. San Vicente, nº 12,  da parroquia de Ver efectuada por Dna. Nieves Rodríguez Casanova,  para dar cumprimento ó disposto no artígo 20 da Lei 9/2002, do 31 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, derivado da solicitude e obtención de licencia para construción de vivenda unifamiliar, obrante no expediente 2011/293-2531, o pleno adopta o seguinte ACORDO:

     1º.- Acepta-la cesión gratuíta efectuada por Dna. Nieves Rodríguez Casanova de 200 metros cadrados dos terreos da súa propiedade, da parte posterior da finca, que lindando coa vía do ferrocarril, o planeamento destina a viais.

    2º.- Acepta-la cesión gratuíta efectuada por Dna. Nieves Rodríguez Casanova de 90 metros cadrados dos terreos da súa propiedade, da finca, que lindando coa Avda. San Vicente, o planeamento municipal destina a viais.

    2º.- Afecta-los ditos terreos para viais, conforme ós fins previstos nas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, coa calificación de dominio e uso público.

    3º.- Dar de alta estes terreos cedidos no Inventario Municipal.

   
    O Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as doce horas e vinte minutos  do día sinalado.

emprende en 3