DITAMINES DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO- SESIÓN Nº 03 DO 26-04-2012

 

II.- DITAME SOBRE CESIÓN GRATUITA DE TERREOS, POR MOTIVOS URBANÍSTICOS, EFECTUADA POR DNA. CARMEN AGUILAR ABELLA.

 

Visto o expediente de referencia 2011/342-2.7.6, instruído para a aceptación dos terreos de cesión gratuíta e obrigatoria, situados en Bóveda, Avda. Alfonso XIII, nº 15 e Travesía do Ferrocarril, efectuada por Dna. Carmen Aguilar Abella, para dar cumprimento ó disposto no artígo 20 da Lei 9/2002, do 31 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, derivado da solicitude e obtención de licencia para cerramento de finca, obrante no expediente 2011/341-2532, proponse a adopción do seguinte ACORDO:

1º.- Acepta-la cesión gratuíta efectuada por Dna. Carmen Aguilar Abella de cen (100) metros cadrados dos terreos da súa propiedade, sitos en Bóveda, Avda. Alfonso XIII, nº 15, coas seguintes mensuras: Lonxitude de trinta e seis metros con trinta e oito céntimetros (36,38 m.) e un largo de dous metros e setenta céntimetros (2,70 m.) no lado dereito e dous metros con noventa centímetros (2,90 m.) no lado esquerdo.

2º.- Acepta-la cesión gratuíta efectuada por Dna. Carmen Aguilar Abella de oitenta e nove con trinta e sete (89,37) metros cadrados dos terreos da súa propiedade, sitos en Bóveda, Travesía do Ferrocarril, coas seguintes mensuras: Lonxitude de oitenta e nove metros con trinta e sete céntimetros (89,37 m.) e un largo de un metro (1,00 m.).

3º.- Afecta-los ditos terreos para viais, conforme ós fins previstos nas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, coa calificación de dominio e uso público.

4º.- Dar de alta estes terreos cedidos no Inventario Municipal.

 

 

III.- DITAME SOBRE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS NON SOMETIDAS A AVALIACIÓN DA INCIDENCIA AMBIENTAL

“Realizada a tramitación establecida, visto o informe de Secretaría de data 16/04/2012, e en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e atendendo á Providencia de Alcaldía de data 11/04/2012, ao estudo técnico-económico do custo dos servizos e actividades administrativas, polo que respecta ás taxas pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local e ao informe-proposta de Secretaría de data 16/04/2012.

 

Esta Comisión considera que se cumpren os requisitos necesarios contidos nas Normas legais citadas anteriormente e que as tarifas e cotas fixadas na Ordenanza fiscal reguladora da taxa axústanse aos custos previsibles derivados da prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local, e proponse ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO

 

PRIMEIRO. Aprobar provisionalmente a imposición da taxa por pola realización de actividades administrativas de inspección, control e verificación da apertura de actividades económicas sometidas ao réxime de declaración responsable e a Ordenanza fiscal reguladora da mesma, coa redacción que a continuación se recolle:

 

«ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES ADMINISTRATIVAS DE INSPECCIÓN, CONTROL E VERIFICACIÓN DE ACTIVIDADES EN RÉXIME DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 2, 15 a 19, 20 a 27 e 58 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este concello establece a taxa pola realización de actividades administrativas de inspección, control e verificación da apertura de actividades económicas sometidas ao réxime de declaración responsable, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

 

Artigo 1. Natureza e feito impoñible

 

1. De conformidade con canto se establece polo artigo 20.4.i) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible a prestación da actividade municipal, técnica e administrativa de control e comprobación a efectos de verificar si a actividade realizada ou que se pretende realizar se axusta ao cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial reguladora da mesma, así como na urbanística, sobre ruídos, accesibilidade, medio ambiente e no Código Técnico da Edificación, de calquera actividade económica: agropecuaria, industrial, comercial, profesional, de servizos, etc., cuxa apertura se realice en réxime de declaración responsable ou comunicación previa, así como as súas modificacións, ao obxecto de procurar que os mesmos teñan as condicións de tranquilidade, seguridade, salubridade, medio ambientais, acústicas e calquera outras esixidas polas normas reguladoras do exercicio da actividade de que se trate. Todo iso de acordo coas facultades de intervención administrativa conferidas aos municipios polo artigo 84 e 84.ter da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

 

2. Estarán suxeitos a esta Taxa todas as actividades non sometidas á avaliación da incidencia ambiental nas que resulte obrigatoria a realización da actividade de inspección verificación nos termos establecidos no parágrafo anterior ao tratarse de actividades non suxeitas a autorización ou control previo e, entre outras, os seguintes:

 

  1. A primeira instalación dun establecemento ou actividade agropecuaria, industrial, comercial, profesional ou de servizos, en réxime de declaración responsable.

  2. Ampliación de superficie de establecementos con licenza de apertura, sempre que non implique unha modificación substancial da actividade.

  3. Ampliación de actividade en establecementos con licenza de apertura sempre que non se trate dunha modificación substancial da mesma.

  4. Ampliación de actividade con ampliación de superficie en establecementos con licenza de apertura, sempre que non se trate dunha modificación substancial.

  5. Reforma de establecementos con licenza de apertura, sen cambio de uso nin ampliación superficial nin da actividade.

  6. A reapertura de establecemento ou local, por reiniciar a mesma o titular que obtivo licenza no seu día, se a licenza non tivera caducado.

  7. A posta en coñecemento da administración de calquera modificación dunha actividade que se realizou a preceptiva declaración responsable.

  8. Cambio de titular nas actividades nas que xa se realizou a preceptiva declaración responsable, tendo tal consideración a posta en coñecemento da administración de dito cambio por persoa distinta que para seguir exercéndoa nun establecemento sempre que tanto a propia actividade, o establecemento onde se desenvolva e as súas instalacións non sufriran modificacións respecto á desenvolvida polo anterior responsable e conforme a súa declaración, salvo as que expresamente se impoñan por precepto legal.

 

3. Aos efectos desta Taxa, entenderase por establecemento toda edificación, instalación ou recinto cuberto, ou ao aire libre, estea ou non aberto ao público, ou como complemento ou accesorio doutro establecemento ou actividade principal, destinado, habitual ou temporalmente, ao exercicio de actividades económicas por conta propia.

 

Artigo 2. Exencións

 

Estarán exentos do aboamento da Taxa os seguintes supostos de traslado de local, sempre que se manteña no novo establecemento, a actividade anterior ao traslado:

 

  1. Como consecuencia de derrubamento

  2. Declaración de estado ruinoso

  3. Expropiación forzosa realizada polo Concello

 

Artigo 3. Suxeitos pasivos

 

Son suxeitos pasivos a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, titulares ou responsables da actividade que se pretende desenvolver ou xa se estea desenvolvendo en calquera establecemento industrial, mercantil ou de servizos en xeral, que inicien expediente de solicitude de licenza ou similar para a mesma, ou se é o caso, por que presente declaración responsable.

 

Artigo 4. Tarifa

 

4.1. Tarifa básica:

 

 

IMPORTE EN €

a) 1ª apertura

150

b) ampliación non substancial

70

c) cambeo titularidade

70

 

4.2. Coeficientes de incremento pola superficie do local:

 

Aquelas actividades que se desenvolvan nun establecemento permanente tributarán pola tarifa básica incrementada pola aplicación dos seguintes coeficientes:

 

SUPERFICIE DO LOCAL

COEFICIENTE DE INCREMENTO

Menor de 100 m2

Tarifa básica

De 100 M2 a 200 m2

2

De mais de 200 m2

2,5

 

4.3. Incremento en relación ao tipo de control esixido:

 

  1. Control sobre ruídos e vibracións: Custo para o Concello

 

  1. Control sobre vertidos á rede municipal ou a fosa séptica particular: Custo para o Concello

 

Artigo 5. Devengo

 

1. Devéngase a taxa e nace a correspondente obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade no momento de emisión da acta que determine a verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial.

 

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola clausura da actividade ou suspensión temporal da mesma.

 

Non obstante, se antes de dictarse resolución que poña fin ao procedemento de inspección, comprobación e control se produce o desistimento da solicitude, por escrito, a cota tributaria reducirase ao 50%.

 

Artigo 6. Xestión

 

Emitida a acta que determine a verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación sectorial, en relación coas actividades non suxeitas a autorización ou control previo, xirarase a oportuna liquidación, que será notificada ao suxeito pasivo, debendo se aboada, en período voluntario, nos seguintes prazos:

 

  1. Si a modificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, si este non fora hábil seguinte.

  2. Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, si este non fora hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

 

Disposición Final

 

A presente Ordenanza Fiscal comezará a aplicarse a partir da sua publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. e a Ordenanza fiscal reguladora da mesma, [nos termos en que figura no expediente1/coa redacción que a continuación se recolle:

 

 

SEGUNDO. Dar ao expediente a tramitación e publicidade preceptiva, mediante exposición do mesmo no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados2 poderán examinalo e expor as reclamacións que estimen oportunas.

 

TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.”

 

 

IV.- DITAME SOBRE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO SERVICIO DE ABASTECEMENTO DE AUGA.

 

Realizada a tramitación establecida, visto o informe de Secretaría de data 18 de abril de 2012, e en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e atendendo á Providencia de Alcaldía de data 19 de abril de 2012 e ao estudo técnico-económico do custo dos servizos e actividades administrativas, polo que respecta ás taxas pola prestación de servizos públicos.

 

Esta Comisión considera que se cumpren os requisitos necesarios contidos nas Normas legais citadas anteriormente, e proponse ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

PRIMEIRO. Aprobar a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por taxa polo subministro domiciliario de auga no Municipio de Bóveda, coa redacción que a continuación se recolle:

 

«ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO SERVICIO MUNICIPAL DO ABASTECEMENTO DE AUGAS.

FUNDAMENTO LEGAL E NATUREZA.

Artigo 1º.- En uso dás facultades concedidas polo artigo 106 dá Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora dás Bases do Réxime Local, de conformidade co disposto non Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba ou texto refundido dá Lei Reguladora dás Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro domiciliario de auga no Municipio de Bóveda, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao disposto non artigo 57 do citado texto refundido dá Lei Reguladora dás Facendas Locais.

 

 

FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2.- Constitúe ou feito impoñible dá taxa a prestación do servizo de subministración de auga

 

SUXEITOS PASIVOS

Artigo 3º.-

1.- Son suxeitos pasivos dá taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire ou artigo 35 dá Lei Xeral Tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos prestados por este Concello a que se refire ou artigo anterior.

2.- Terán a condición de substitutos do contribuínte, os propietarios dos inmobles, quen poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

 

 

TIPOS DE GRAVAME

Artigo 4º.-

1.- A taxa esixirase de conformidade co seguinte cadro de tarifa:

 

2.-a) COTA DE MANTENEMENTO:

1,20 Euros ó mes.

 

b) USOS DOMÉSTICOS: Tarifa A A1:

Prezo por metro cúbico: 0,24 €/m3, para conumos inferiores a 30 m3

A2: Para consumos mensuais superiores a 30 m3, 0,36 €/m3.

 

c) USOS INDUSTRIAIS E GANDEIROS

Para actividades suxeitas a Licenza Fiscal

Tarifa I: Prezo do m3 consumido e facturado 0,27 €/M3.

 

d) MEDIDORES DE CONSUMO AVARIADOS: Tarifa R

 

-USOS DOMESTICOS:

 

R1: No suposto de que os consumos medios dos tres meses anteriores a avaria estea comprendido na tarifa A1, pagarán unha cota de 24/mes mentres dure a avaria aparte a liquidación a que se refire ou artigo 30 da Ordenanza dá prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de augas.

 

R2: No suposto de que o consumo medio dos tres meses anteriores a avaria está comprendido na tarifa A2, pagarán unha cota de 60,10 €/mes á parte dá liquidación a que se refire ou artigo 30 dá Ordenanza da prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de Augas.

 

-USOS INDUSTRIAIS

 

R3: No suposto de que o consumo medio dos tres últimos meses anteriores a avaría fose inferior a 100 m3, pagará unha cota de 120,20/mes mentres dure a avaría, aparte a liquidación a que se refire ou art. 30 da Ordenanza dá prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de Augas.

 

R4: No suposto de que o consumo medio dos tres meses anteriores a avaría fose isuperior a 100 m3 e inferior os 1.000 m3, pagarán unha cota de 270,45 €/mes, aparte a liquidación a que se refire ou artigo 30 da Ordenanza da prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de Augas.

 

R5: No suposto de que os consumos medios dos tres meses anteriores a avaría fose superior ós 1.000 m3, pagarán unha cota de 480,81 €/mes mentes dura a avaría, aparte a liquidación a que se refire ou artigo 30 dá Ordenanza dá prestación do Servizo Municipal de Abastecemento de Augas.

 

e) DEREITO DE ENGANCHE Tarifa B

Por dereito de enganche, unha vez solicitada e concedida a alta: 90,15 €.

 

f) DEREITO DE TRADE E ACOMETIDA. Tarifa C

 

Por dereito de trade e acometida na rede de distribución a satisfacer unicamente polos propietarios dás fincas que non contribuiran a satisfacer os gastos do primeiro establecemento dá rede xeral, o mesmo importe que a cota individual mais alta satisfeita para financia-gásto de primeiro establecemento dá rede de abastecemento de augas do lugar no que se solicita a acometida, incrementada no mesmo tanto por cento que o Indice de Prezos ó Consumo acumulado a contar dende a data na que tivo lugar a entrega dá rede ó Concello

 

EXENCIÓNS

Artigo 5º.-Non se recoñece ningunha.

 

OBRIGA DE PAGO.

Artigo 6º.-Esta nace dá utilización e aproveitamento do servizo polos particulares, empresas, sociedades e corporacións, están obrigados ó pago os que utilizasen ou realicen o seu aproveitamento, e no seu caso, os representantes legais.

 

Artigo 7º.-As débedas por taxas esixiranse polo procedemento administrativo de prema.

 

TERMOS E FORMA DE PAGO.

Artigo 8.

1.- A recadación do importe do consumo de auga farase mediante recibo en períodos trimestrais

2.- Transcorrido o prazo dun mes dende a posta a cobranza dos recibos, período de cobramento en voluntaria, sen haber aboado o importe do mesmo, e despois de efectuar a reclamación do pagamento por medio de notificación, sen satisface-lo seu importe no prazo de dez días contados a partir do seguinte o dá recepción dá notificación, o Concello pode suspende-lo subministro de auga ó abonado e ademáis retirarlle o servizo, dandolle de baixa por falta de pago.

Tanto as altas como as baixas dos abonados liquidaranse por meses completos, sen prexuicio de que a petición sexa atendida inmediatamente.

 

Artigo 9º.-A cobranza dos dereitos consignados nas tarifas, C, D, efectuaránse mediante factura-recibo que poñerá ó cobro Depositaría, previa liquidación practicada ó efecto polo Concello.

 

Artigo 10º.-As reclamacións sobre a recadación por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaránse no Concello, acompañando os recibos que conteñan erro ou omisión.

 

Artigo 11º.-Ou subministro de auga limitaráse a zona comprendida na distribución.

 

 

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación dá Ordenanza Fiscal, aprobada por acordo do Pleno dá Corporación, en sesión celebrada ó día 30 de abril de 2012, entrará en vigor ou día dá súa publicación non Boletín Oficial dá Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.»

 

 

 

SEGUNDO. Dar ao expediente a tramitación e publicidade preceptiva, mediante exposición do mesmo no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinalo e expor as reclamacións que estimen oportunas.

 

TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

 

CUARTO. Facultar ao Sr. Alcalde-Presidente para subscribir os documentos relacionados con este asunto.

 

V.- DITAME SOBRE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DO SERVICIO DE SUMIDOIROS.

Realizada a tramitación establecida, visto o informe de Secretaría de data 18 de abril de 2012, e en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e atendendo á Providencia de Alcaldía de data 19 de abril de 2012 e ao estudo técnico-económico do custo dos servizos e actividades administrativas, polo que respecta ás taxas pola prestación de servizos públicos.

Esta Comisión considera que se cumpren os requisitos necesarios contidos nas Normas legais citadas anteriormente, e proponse ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

PRIMEIRO. Aprobar a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por taxa polo servicio de sumidoiros no Municipio de Bóveda, coa redacción que a continuación se recolle:

Engadir ó artigo 3º un tercer apartado do seguinte teor literal:

“3. A recadación do importe pola prestación deste servicio farase mediante recibo en periodos trimestrais e conxuntamente cos recibos do servicio de abastecemento domiciliario de augas.”

SEGUNDO. Dar ao expediente a tramitación e publicidade preceptiva, mediante exposición do mesmo no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinalo e expor as reclamacións que estimen oportunas.

TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CUARTO. Facultar ao Sr. Alcalde-Presidente para subscribir os documentos relacionados con este asunto.

 

VI.- DITAME SOBRE MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TRAXA DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO OU RESÍDUOS SÓLIDOS URBANS

 

Realizada a tramitación establecida, visto o informe de Secretaría de data 18 de abril de 2012, e en cumprimento do disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e atendendo á Providencia de Alcaldía de data 19 de abril de 2012 e ao estudo técnico-económico do custo dos servizos e actividades administrativas, polo que respecta ás taxas pola prestación de servizos públicos.

Esta Comisión considera que se cumpren os requisitos necesarios contidos nas Normas legais citadas anteriormente, e proponse ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO:

PRIMEIRO. Aprobar a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por taxa polo servicio de Recolida de Lixo ou Residuos Sólidos Urbanos no Municipio de Bóveda, coa redacción que a continuación se recolle:

Modificar ó apartado 2º do artigo 3º que quedaría do seguinte teor literal:

“ 2.- A recadación do importe pola prestación deste servicio farase mediante recibo en periodos trimestrais e conxuntamente cos recibos do servicio de abastecemento domiciliario de augas.

O cobro realizarase nas Oficinas municipais ou a través das entidades bancarias ou Caixas de Aforros que operen no Municipio de Bóveda.

Suprimir o apartado 3º do artigo 5º

SEGUNDO. Dar ao expediente a tramitación e publicidade preceptiva, mediante exposición do mesmo no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinalo e expor as reclamacións que estimen oportunas.

TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente, no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, en base ao artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

CUARTO. Facultar ao Sr. Alcalde-Presidente para subscribir os documentos relacionados con este asunto.

 

emprende en 3