CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN 11/06/2011

 SESIÓN CONSTITUTIVA DA CORPORACIÓN  - ONCE DE XUÑO DE 2.011


En Bóveda a once de xuño de dous  mil once.

As DOCE horas reúnense no Salón de Actos da Casa do Concello os rexidores electos seguintes:
1.- D. JOSÉ MANUEL ARIAS LÓPEZ   
2.- D. JOSÉ LUÍS RIVERA SACO,
3.- D. DIONISIO BLANCO RUBIÑOS
4.- D. FRANCISCO JAVIER DOMINGUEZ LÓPEZ
5.- Dna. NATIVIDAD RODRÍGUEZ LÓPEZ
6.- DNA. CRISTINA JUÍZ LÓPEZ
7.- D. PABLO ARRAIS GÓMEZ
8.- DNA. MARIA DEL CARMEN MACIA RODRÍGUEZ
9.- D. JOSÉ LUÍS VILA CARRIL
Que presentaron a credencial de concelleiro electo ante a Secretaría xeral do concello de Bóveda.
Actúa de Secretario ó da Corporación D. LUÍS EDUARDO MATÍAS SANCHEZ

O obxecto da sesión é proceder a CONSTITUCIÓN da nova Corporación e a elección de ALCALDE en cumprimento do previsto nos artigos cento noventa e cinco e cento noventa e seis da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.

FORMACIÓN DA MESA

Comprobado polo secretario a existencia do quórum de asistencia necesario para celebra-la sesión, formase a mesa de idade, integrada polo concelleiro electo de máis idade D. José Luís Rivera Saco, o cal a preside, e pola de menor idade da corporación D. Francisco Javier Dominguez López,  sendo Secretario ó da Corporación D. Luís Eduardo Matías Sánchez.

XURAMENTO OU PROMESA DOS SRS/SRAS. CONCELLEIROS/AS


Seguidamente o Sr. Presidente da Mesa de Idade abre a sesión de constitución do no Concello e elección de Alcalde, dispondo que polo Secretario se proceda a dar lectura os preceptos legais de aplicación, dando este lectura os artigos 108.8, 195 e 196 da Lei xeral Electoral e artigos 36 e 37 do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro,  manifestando que en cumprimento do disposto no precitado artigo 36.2 do Real Decreto meritado queda a disposición do novo Concello que se constitúa, preparados e actualizados os xustificantes das existencias en metálico e valores propios da Corporación, depósitados na Caixa Municipal e entidades bancarias,  así como a documentación relativa ó inventario de patrimonio da Corporación.
Rematada a lectura, procedese a comprobación das credenciais presentadas e acreditada a persoalidade dos electos pola certificación que a Xunta de Zona enviou a este Concello, o Sr. Presidente invita os concelleiros electos a que expoñan neste acto se lles afecta algunha causa de incompatibilidade sobrevida con posterioridade a súa proclamación, despois disto e resultando que ningún dos reunidos manifesta estar incurso en causa de incompatibilidade, se procede, como paso previo a toma de posesión do cargo de concelleiro/a,  e consonte determina o artigo 108.8 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, a prestar promesa ou xuramento os/as  Srs./Sras. concelleiros/as. A tal fin o Secretario procede a dar lectura a formula recollida no Real Decreto 707/1979, do 5 de abril: "Xurais ou prometedes pola vosa conciencia e honra cumprir fielmente as obrigas dos cargo de concelleiro con lealdade o Rei, e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado",
Xurando os/as Srs/as. :  D. Dionisio Blanco Rubiños, Dna. Cristina Juíz López, Dna. Natividad Rodríguez López, D. Francisco Javier Dominguez López e D. José Manuel Arias López.
Prometendo os Srs.: D. José Luis Rivera Saco, D. Pablo Arrais Gómez, Dna. María del Carmen Macía Rodríguez e D. José Luís Vila Carril.

DECLARACIÓN DE CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN
Rematado o acto de prestar xuramento ou promesa, e tomado posesión dos seus cargos o Presidente da Mesa de idade D. José Luís Rivera Saco  proclama formalmente constituída a Corporación Municipal do Concello de Bóveda.

ELECCIÓN DE ALCALDE

A continuación o Presidente anuncia que se vai a proceder a elección de Alcalde e manifesta que poden ser candidatos os concelleiros que encabecen a súas correspondentes listas, e que son:
- D. JOSE MANUEL ARIAS LÓPEZ polo Partido Popular
- D. PABLO ARRAIS GÓMEZ polo Partido Socialista de Galicia- Partido Socialista Obrero Español.
- D. JOSE LUIS VILA CARRIL polo Bloque Nacionalista Galego.
A elección realizase chamando a Mesa de Idade os Srs. concelleiros, que depositan o seu voto mediante papeleta secreta introducida nun sobre e depositada nunha urna preparada ó efecto.
Rematada a votación procedese pola Mesa de Idade o reconto dos votos emitidos, que da o resultado seguinte:
Votos emitidos: Nove (9)
Sr. D. José Manuel Arias López: Seis (6)
Sr. D. Pablo Arrais Gómez Dous (2)
Sr. D. José Vila Carril Un (1)

Ó ser nove o número de concelleiros e seis a maioría absoluta legal resulta elixido o Sr. D.  José Manuel Arias López

O Sr. Presidente da Mesa de Idade manifesta que queda proclamado Alcalde ó candidato do Partido Popular

XURAMENTO DO ALCALDE E  TOMA DE POSESIÓN
Proclamado Alcalde D.José Manuel Arias López, xura pola súa conciencia e honor cumprir fielmente as obrigas do cargo de Alcalde-Presidente do Concello de Bóveda con lealdade o Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado

Antes de remata-lo acto,  toma a palabra o Sr. Alcalde para agradecer as persoas que nos acompañan, en hora boa os membros da corporación. A lexislatura vai ser difícil, economicamente e espera que entre todos sepan  poñer os intereses dos veciños por riba dos políticos.
Agradece a todos o traballo e esforzo polo traballo a favor do pobo, facendo mencións especial a Delegada da Xunta de Galicia.
Fai mencións os obxectivos fundamentais desta lexislatura: Servizos Sociais e xeneración de postos de traballo.
Agradece a todos a presencia no acto.
Sr. Alcalde da por concluída a sesión cando son as DOCE horas e VINTE minutos, do que eu, Secretario, dou fe,

 

emprende en 3