Taboleiro de anuncios

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA CUBRIR INTERINAMENTE PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO E CREACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO

 

Ler máis...

ANUNCIO CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO DÍA 26/6/2017 ÁS 12 HORAS

Anuncio da convocatoria

RELACIÓN DOS INCLUIDOS NA BOLSA DE EMPREGO PARA O POSTO DE AUXILIAR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DE BÓVEDA

Ler máis...

ACORDO DO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE BOVEDA DETERMINANDO A ADICACIÓN EXCLUSIVA DO ALCALDE E IMPORTE DAS RETRIBUCIÓNS

  Ler máis...

BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO O DÍA VINTE E DOUS DE XUÑO DE DOUS MIL QUINCE (22/06/2015)

Ler máis...

EDICTO DESIGNACIÓN MEMBROS XUNTA DE GOBERNO, TTES DE ALCALDE E DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA

Ler máis...

BOLSA DE EMPREGO CON VIXENCIA PERMANENTE PARA A OCUPACIÓN DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

RESULTADOS BOLSA EMPREGO SAF

BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO O DÍA VINTE E DOUS DE XUÑO DE DOUS MIL QUINCE (22/06/2015)

PLENO Nº 06/2015

 

No Salón de sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, cando son as doce horas do día vinte e dous de xuño de dous mil quince, reúnese en sesión extraordinaria e en primeira convocatoria o Concello Pleno baixo a Presidencia do Alcalde:

 

1.- D. José Manuel Arias López

 

Concorren a sesión os seguintes Concelleiros:

2.- D. José Luís Rivera Saco.

3.- D. Dionisio Blanco Rubiños.

4.- D. Francisco Javier Dominguez López.

5.- Dna. Natividad Rodríguez López.

6.- Dna. Cristina Juíz López.

7.- Dna. María del Carmen Macía Rodríguez .

8.- D. Jesús González Carballada.

9.- Mª Victoria Pereiro Rodríguez

 

Non asisten os Concelleiros:

 

Como Secretario D. Luis Eduardo Matias Sánchez que da fe.

 

Aberta a sesión e declarada pública pola presidencia as doce horas, unha vez comprobada polo Secretario a existencia do quórum de asistencia necesario para que poda ser iniciada, procedese a coñece-los seguintes asuntos incluidos previamente no orde do día:

 

1º.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, QUE SE ACHEGA COA CONVOCATORIA

O Presidente pregunta si algún membro da Corporación ten que formular algunha observación o borrador da acta da sesión anterior número 05/2015 distribuida coa convocatoria.

Ningún dos Concelleiros presentes fai uso da palabra e a continuaciòn o Sr. Presidente somete a votación a aprobación do referido borrador da acta, sendo esta aprobada por unanimidade.

 

2º.- FIXACIÓN DA PERIODICIDADE DE SESIÓN DO PLENO

O Sr. Alcalde, dá lectura a moción da Presidencia que a seguir se transcribe:

En virtude do disposto nos artigos 38 e 78 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, 218 da Lei 7/1997, do 22 de xullo da Administración Local de Galicia, vistos os antecedentes organizativos deste Concello, e en aras dunha maior eficacia e celeridade na resolución dos asuntos dos que entende este Concello, proponse para a súa aprobación polo Pleno do Concello ó seguinte réxime de sesións:

- O Pleno celebrará sesión órdinaria o derradeiro luns do último més de cada trimestre natural.

- En caso de coincidir en festivo a sesión trasladaríase o derradeiro luns hábil anterior

- As sesión órdinarias celebraranse as doce horas dos días sinalados anteriormente.

 

No uso da palabra a concelleira Dna. Mª Carmen Macia Rodríguez amosa a súa disconformidade con que se celebren plenos con periodicidade trimestral, en vez de bimensual como sucedía na anterior lexislatura.

Sometido a votación a proposta precedente, é aprobada por seis votos a favor do Griupo Popular e tres en contra do Grupo Socialista.

 

3º-.- COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS.

 

En harmonía co disposto nos artigos 46 a 48 do Regulamento Orgánico Municipal, que establece como Comisións Informativas Permanentes as denominadas "DE ASUNTOS DO PLENO" e "ESPECIAL DE CONTAS" e a proposta do Sr. Alcalde, visto os artigo 123 e ss, 127 e 134 do ROF, o pleno por unanimidade ACORDA:

 

a) COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO, integrar nesta Comisión os seguintes Concelleiros:

PRESIDENTE:

D. José Manuel Arias López

VOCAIS:

D. Dionisio Blanco Rubiños

Dna. Natividad Rodríguez López

Dna. Cristina Juíz Martinez

Dna. María del Carmen Macia Rodríguez

D. Jesús González Carballada

 

Suplentes del Grupo Municipal Popular:

D. Francisco Javier Dominguez López

D. José Luís Rivera Saco

 

Suplentes del Grupo Municipal Socialista:

Dna. María Victoria Pereiro Rodríguez

 

Dita Comisión celebrará sesión nos días e horas que estableza o Alcalde ou o seu respectivo Presidente, e en todo caso coa antelación necesaria para ditaminar aqueles asuntos de competencia do Pleno, que se sometan a decisión deste.

 

b) COMISION INFORMATIVA "ESPECIAL DE CONTAS", integrar nesta Comisión os seguintes Concelleiros:

PRESIDENTE:

D. José Manuel Arias López

VOCAIS:

D. Francisco javier Dominguez López

Dna. Natividad Rodríguez López

Dna. Cristina Juíz López

Dna. María del Carmen Macía Rodríguez

Dna. Mª. Victoria Pereiro Rodríguez

 

Suplentes del Grupo Municipal Popular:

D. Dionisio Blanco Rubiños

D. José Luís Rivera Saco

 

Suplentes del Grupo Municipal Socialista:

D. Jesús González Carballada.

 

Dita Comisión celebrará sesión nos días e horas que estableza o Alcalde ou o seu respectivo Presidente, e en todo caso coa antelación necesaria para ditaminar aqueles asuntos de competencia do Pleno, que se sometan a decisión deste.

 

 

4º.- DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS COMPETENCIA DO PLENO

 

O sr. Alcalde da lectura ás propostas de designación de representantes en diversas institucións, sometido a votación, o pleno, por seis votos a favor do Grupo Popular e tres abstencións das/o concelleiras/o do Grupo Socialista, ACORDA:

 

CONSELLO ESCOLAR

Visto o artigo 38,d) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e tendo en conta que esta Corporación ten que estar representado no Consello Escolar do Colexio Público "Rosalía de Castro" de Bóveda, o Pleno ACORDA:

Designar como representante da Corporación Municipal no Consello Escolar do Colexio mencionado a Dna. Cristina Juíz López, Delegada da Alcaldía para Cultura e Ensino.

Notificar este acordo o Consello Escolar

 

ASOCIACIÓN RIO LOR

Visto o artigo 61 da Lei 7/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia e 21.1,a,b) da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Locla, que determinan, entre outras atribucións da Alcaldía, a de Representar o Concello e Dirixi-lo goberno e a administración municipal, o Pleno ACORDA:

Designar representante desta Corporación no Grupo de Desenvolvemento Rural "RIO LOR" ó Sr. Alcalde-Presidente, ou persoa en quen delegue.

 

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA

Visto o artigo 61 da Lei 7/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia e 21.1,a,b) da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Locla, que determinan, entre outras atribucións da Alcaldía, a de Representar o Concello e Dirixi-lo goberno e a administración municipal, o Pleno ACORDA:

Designar representante desta Corporación no Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ó Sr. Alcalde-Presidente, ou persoa en quen delegue.

 

 

 

5º.- DESGINACIÓN DE TESOUREIRO DA CORPORACIÓN

Concluido o asunto anterior, o Sr. Alcalde da lectura á proposta da Alcaldía sobre este asunto.

Sometido a votación, o pleno, por seis votos a favor dos/as cnocelleiros/as do Grupo Popular e tres abstencións das concelleiras/o do Grupo Socialista, ACORDA:

Habida conta de que neste Concello non existe creada a praza de Tesoureiro de Habilitación Nacional, e de conformidade co disposto no artigo 2.f) do Real Decreto 1732/de 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, nomear como TESOUREIRO ó Concelleiro D. José Luís Rivera Saco, que actuará coa responsabilidade solidaria dos demais membros electos da Corporación, polo que se releva da obriga de prestar fianza de acordo co establecido na instrucción 8, apartado 1, da Orde do 16 de xullo de 1963

 

 

 

6º.- ASIGNACIÓN DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA O ALCALDE-PRESIDENTE.

 

O Sr. Alcalde da conta da proposta de adicación exclusiva as tarefas municipais do Sr. Alcalde-Presidente.

Na quenda de intervencións fai uso da palabra Dna. Mª Carmen Macía Fernández, que expón a súa disconformidade coa proposta por entender que o salario proposto é esaxerado neste momento de crise. Que co soldo que tiña xa lle chegaba abondo.

O Sr. Alcalde retruca manifestando que hai concellos de similar poboación, gobernados polo PSOE, nos que se acordou a adicación exclusiva ao alcalde e varios concelleiros. Que a asignación proposta está na media dos concellos limítrofes. Que en todo caso lle pidan traballo, pidanme que se fagan cousas, que se noten cambeos no pobo.

Concluído o debate o Sr. Alcalde somete o asunto a votación, producindose o seguinte resultado: Seis votos a favor das/os concelleiras/os do Grupo Popular e tres votos en contra das/o concelleiras/o do Grupo Socialista, o pleno ACORDA:

Dado o volume do traballo que xenera a actividade municipal, así como a complexidade derivada da prestación dos distintos servicios municipais, que fai necesario unha adicación especial as tarefas de dirección e coordinación do goberno e administración municipal, con base ó preceptuado no artigo 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril e 12 do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e estudáda-las especiais características deste concello, ó Pleno da Corporación acorda:

CARGO DON DEDICACIÓN EXCLUSIVA.-

1º.- O Alcalde-Presidente D. JOSE MANUEL ARIAS LÓPEZ desempeñará o seu cargo con dedicación exclusiva.

2º.- Fixa-lo réxime de retribucións do Sr. Alcalde, en catorce mensualidades de Dous mil Cincocentos ( 2.500 €) EUROS, impostos e Seguridade Social incluídas, revisable con efectos do primeiro de xaneiro de cada ano, consonte o incremento do índice de prezos ó consumo.

3º.-Cando por ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite ó Alcalde-Presidente ó exercicio das súas atribucións, o Tenente de Alcalde que o substitúa legalmente, poderá ser retribuído coas mesmas asignacións económicas que as correspondentes ó Alcalde-Presidente, e polo tempo de adicación efectiva.

4º.-A Corporación asumirá ó pagamento da cota empresarial que corresponda.

5º.- Autorizar e dispoñe-lo gasto con cargo ás partidas 912.100 e 912.160 do presuposto xeral da Corporación.

 

 

 

7º.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO NA COMISIÓN DE GOBERNO

Tendo en conta que ó Regulamento örganico Municipal fixou como un dos órganos básicos deste Concello a Xunta de Goberno, e considerando que para unha maior axilidade na xestión dos asuntos municipais sería convinte que determinadas atribucións do Pleno, relativas a xestión administrativa, fosen exercidas por éste órgano municipal, veño a propoñer o Pleno da Corporación a seguinte proposta de acordo.

Delegar na Xunta de Goberno tódalas atribucións propias, enumeradas nos apartados j), k), m), n), ñ), o) e q) do artigo 22 da Lei 7/1985, do 2 de abril.

 

8º.- COÑECEMENTO DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

De orde do Sr. Alcalde, o Secretario procede a dar lectura os seguinte Decreto 219/2015 da Alcaldía, mediante o que se designan os membros que formarán parte da Xunta de Goberno, nomeamento de Tenentes de alcalde e delegacións da Alcaldía.

 

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as doce horas e vinte oito minútos do día sinalado, do que eu, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico.

emprende en 3